Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Baixo Miño (comarca) / Tui
Parroquia: Malvas (Santiago)
Lugar: A Cruz
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A igrexa parroquial, construída no século XVIII a base de perpiaño granítico labrado, posúe planta basilical con teitume a catro augas a capela e a dúas a nave.
Na fachada atópase unha porta de arco lintelado recercado. Sobre ela podemos ver unha fornela decorada con volutas, na que aparece unha imaxe pétrea do apóstolo Santiago montado a cabalo e cun sarraceno aos pés do animal, obra realizada en 1794 polo prezo de 260 reais. Posúe pilastras a cada lado, enmarcando a fachada e con remates en pináculos piramidais.
No centro áchase a espadana de base cadrada, con vans a cada lado con arcos de medio punto tamén con pináculos piramidais.
Nos laterais presenta catro contrafortes. Na ábsida da fachada principal atopamos un escudo de armas, posiblemente do século XVI, dunha variante da familia da Picoña, o Pazo da Cal, en Salceda de Caselas, que pertenceu aos Troncoso de Lira, pois era un beneficiado vencellado á casa da Picoña.
A Sancristía atópase ao lado esquerdo da ábsida con bóveda de canón transversal.

No interior podemos ver una nave de cinco tramos con arcos faxóns de medio punto sobre ménsulas.
En canto a súa imaxinería, destaca unha de Santiago Apóstolo de madeira policromada, que xa aparece mencionada nas Visitas Pastorais do s. XVI.

Aínda que o edificio que chegou ata os nosos días foi reedificado no s. XVIII (1790), esta igrexa pode estar asentada sobre vellas cimentacións románicas, como así o referencia a presenza de sinais lapidarios dalgúns perpiaños da fachada.

Foi reconstruída no ano 1925.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TUI/documents/27513CA103.pdf (Páxina 21)
http://pdf.depontevedra.es/ga/103/fWauyaRccV.pdf

BIBLIOGRAFÍA
Huerta Fernández, Santiago; López Manzanares, Gema. “Estudios estructurales previos a la restauración de la iglesia parroquia1 de Malvás (Pontevedra)”. Conselleria de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental. MADRID. 1999.

BIBLIOGRAFÍA
VILA, Suso. ANTIGUAS FIESTAS. ROMERIAS Y PROCESIONES DEL BAJO MIÑO. A Guarda. 2003


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0576732368
Lonxitude: -8.70254087487
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84