Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Baixo Miño (comarca) / Tui
Parroquia: Paramos (San Xoán)
Lugar: Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de planta basilical datada no ano 1504,se ben sofre diferentes reformas durante o século XVII tal e como se deixou constancia mediante unha inscrición localizada nun perpiaño sobre o lintel principal da igrexa (1692).
A capela foi construída a base de perpiaño granítico labrado, con teitume a dúas augas. Arco triunfal de medio punto sobre pilastras. Sancristía encostada ao lado esquerdo da capela, con bóveda de nervios dunha clave, toda ela realizada en madeira.

A fachada presenta porta de arco dintelado con finas molduras. No centro do paramento hai unha pequena ventá rectangular de dobre derrame. Remata en corpo triangular coroado con cruz e aos lados pináculos piramidais.
Ao lado esquerdo atópase a torre campanario, de base cadrada e de dous corpos, decorada con pináculos.
A capela presenta a mesma altura que a nave, con cuberta a dúas augas.

No interior podemos ver unha única nave co piso de pedra e teitume de madeira en curva.
Posúe retablos barrocos, destacando un lateral composto por filas verticais de medallóns tallados e policromados, recentemente restaurados.
O retablo maior contén tres rúas coa central adiantada sobre as laterais por medio dun ángulo formado con tableiros que as unen. A predela contén os machóns sobre os que se apoian as catro columnas salomónicas que enmarcan as rúas laterais.
Xunto ao arco trunfal, facendo de ambón para a lectura, está parte dun antigo púlpito, que foi recuperado recentemente. É unha soa pedra con curvatura na que se representan en relevo na súa cara externa, entre as molduras superiores e inferiores, os símbolos da Paixón: a escada, as tenaces e o Martelo.

A igrexa foi restaurada entre 1996 e 1997 pola Escola Obradoiro de Tui.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TUI/documents/27513CA103.pdf (Páxina 17)
http://www.diocesetuivigo.org/diocese/paramos.pdf
http://pdf.depontevedra.es/ga/103/fWauyaRccV.pdf (Páxina 35)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.060636491
Lonxitude: -8.61006259918
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84