Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Cervantes
Parroquia: O Castro
Lugar: Santa María do Castro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

De influencia romana, o castro de Santa María en Cervantes sitúase á beira do río Quindós. A súa localización facilita que estea protexido quedando só ó descuberto un dos seus francos. O recinto que pecha o asentamento é de forma ovalada ben delimitado pola pendente do terreo en todo o seu perimetro, agás na zona norte onde se conserva unha muralla, parapeto e tres foxos.

Todo indica que este asentamento foi construído dunha soa vez e non estivo moito tempo habitado. Posto que non aparecen restos de destrución violenta, o poboado simplemente foi abandonado.

Nas escavacións de 1995 documentáronse un total de 23 construccións, zonas de paso, canles, muros de nivelación, escaleiras, enlousados, muros de descarga e de nivelación e sistemas de drenaxe. Todas as construccións escavadas son de carácter doméstico (agás unha que presenta problemas de interpretación).
Algunhas das casas presentan os muros interiores enlucidos e pequenas alacenas de pedra. Nunha das casas documentouse a existencia de dous andares, correspondendo o superior a un posible faiado. Os dous pisos están diferenciados polos seus materiais. Excepcionalmente documentáronse os marcos de madeira das portas, que foron restituídos.

A igrexa parroquial de Santa María levantouse sobre as ruínas deste poboado. Ademais, consérvanse tumbas dunha necrópole medieval dos séculos XIII-XIV formada por 56 sepulturas. Nestes enterramentos reutilizáronse pedras do asentamento castrexo e mesmo se aproveitou a parede dalgunha casa para facer de lateral ou cabeceira. Na maioría das sepulturas puidéronse recuperar restos óseos.

A importancia deste xacemento reside na información que achega sobre a transición da cultura castrexa cara a romana e sobre todo no que se refire á explotación mineira. Os indicios falan de que este asentamento fundouse para explotar as minas da zona.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BARCIELA, Pilar e REY, Eusebio (2000) Xacementos arqueolóxicos de Galicia. Ed. Xerais, Vigo


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Malia a boa conservación das estruturas habitacionais, o conxunto está bastante alterado pola construción da igrexa e dos accesos á mesma.


Onde está localizado

Latitude: 42.8648731967
Lonxitude: -7.04229533672
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84