Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Baixo Miño (comarca) / Tui
Parroquia: Randufe (Santa María da Guía)
Lugar: A Guía
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A igrexa, do ano 1789, ten planta de cruz latina con cubertas de madeira e arco triunfal de medio punto, e cuberta a dúas augas e capela a catro. A sancristía está situada no lateral esquerdo.
A fachada posúe unha porta semiarqueada enmarcada por pilastras que rematan nunhas molduras con volutas. Sobre a porta aparece unha fornela coa imaxe petrea de Santa María da Guía, coas mans entrelazadas e dous anxos aos lados. Ao redor podemos ver volutas e molduras cóncavas e convexas, e dúas ventas aos lados.
O conxunto remata nunha espadana central cun so oco de arco de medio punto.O escudo representa as armas da familia Pereira de Castro coa cartela da vella capela, e o “M” coroado da familia Montenegro.

A capela presenta un epígrafe latino no frontispicio.

No seu interior podemos ver varias imaxes entre as que destaca a de San Roque.

Esta igrexa tivo a súa orixe nunha pequena ermida adicada a Nosa Señora dos Remedios, erixida entre 1601 e 1603 polo fundador do maiorazgo de Arcos, o avogado Don Paulo Pereira de Castro Caldas. En 1789 Antonio Miguel de Montenegro e Soutomaior fai edificar unha nova capela, construida polo canteiro tudense Domingo Novás.
Este lugar de culto continuou como capela privada ata 1904, ano no que bispo don Valeriano Menéndez Conde a elevou a categoría de igexa parroquial, trala renuncia a súa propiedade da familia Montenegro e Castro.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TUI/documents/27513CA103.pdf (Páxina 30)
http://pdf.depontevedra.es/ga/103/fWauyaRccV.pdf (Páxinas 44 e 45)
http://aboga.wordpress.com/2012/12/05/parroquia-de-nuestra-senora-de-la-guia-randufe/
http://aboga.wordpress.com/2010/09/08/nuestra-senora-dela-guia/
http://avderandufe.blogspot.com.es/2010/02/randufe-historia.html

BIBLIOGRAFÍA
VILA, Suso. ANTIGUAS FIESTAS. ROMERIAS Y PROCESIONES DEL BAJO MIÑO. A Guarda. 2003


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

No ano 1945 a Capela e o Altar Maior sofren un incendio orixinada por unha candea.


Onde está localizado

Latitude: 42.0466555401
Lonxitude: -8.65869104862
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84