Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Baixo Miño (comarca) / Tui
Parroquia: Randufe (sta María da Guía)
Lugar: A Guía, 49
Outra denominación do ben: Pazo de Vista Boa
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cunha superficie de 5 hectáreas, o Pazo de San Xosé de Vista Alegre está construído a base de cadeirado e cachotaría. Conta cunha planta formada por dúas edificación en ángulo e unha capela anexa.

O pazo posúe dúas plantas e nel destaca unha solaina lintelada sobre o portal aberto en arcos de medio punto.

A capela anexa ten planta rectangular. Na súa fachada podemos ver unha porta en arco de medio punto, un óculo sobre a mesma e remate en espadana dun so van, sen diferenciación entre nave e capela. A Sancristia atópase á esquerda do altar.
No seu interior podemos ver un retablo policromado de época barroca, e un viacrucis de pedra realizado polo artísta galego Antón Faílde Gago.

Entre outros elementos do pazo cabe destacar dous hórreos e un pombal, asi como un cruceiro monumental, todos eles situados no seu xardín de carácter romántico, no que podemso atopar tanto especies autóctonas como foráneas.

Os constructores do primitivo pazo foron o Licenciado Jerónimo de Padilla e o seu irmán.
Ao longo dos séculos XVII, XVIII e XIX o Pazo estivo en mans de distintos propietarios. No século XVIII figura como posuidor da casa e capela (baixo a advocación de San Xosé) Fernando Pérez Escudero, xuíz e rexedor de Tui quen formou parte da Xunta establecida para a defensa da antiga provincia de Tui durante a Guerra da Independencia. En 1902 o pazo entra en poder da familia Lago o ser adquirido por José Lago Maceira, pai do arcebispo Lago González, figuras emblemática da cultura galega, que viviu nel na súa infancia.
No ano 2000 foi adquirido polos seus actuais propietarios para a súa explotación turística así como para a produción de viño.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Conta a tradición que católicos escoceses da época de María Estuardo, fuxindo das persecucións relixiosas do seu país, se asentaron na comarca do Rosal onde, algúns deles, construirían o Pazo de San Xosé.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TUI/documents/27513CA103.pdf (Páxina 28)
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=9492&ctre=36
http://pdf.depontevedra.es/ga/103/fWauyaRccV.pdf (Páxina 47)
file:///C:/Users/profesorado/Downloads/Dialnet-LaPinturaManieristaEnLaDiocesisDeTuy-3622271.pdf (Páxina 2)

BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. INVENTARIO PAZOS Y TORRES. TOMO 3. LOURIÑA Y BAJO MIÑO. Tomo 3 . Ed. Asociación Amigos de los Pazos. 1975.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.048316686
Lonxitude: -8.65489840508
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84