Outra fotografía:
Tipo de ben: Castelo,
Concello: Navia de Suarna
Parroquia: A Pobra de Navia
Lugar: A Pobra
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Deformado castelo situado na capital do concello de Navia de Suarna. As súas orixes remóntanse ó século XI, cando Rodrigo Gutiérrez entrega a fortaleza como dote á súa muller Senior, a doncela de Suarna, no 1037.
O castelo pertenceu ás liñaxes dos Osorio e os Altamira. Logo, foi destruído polos irmandiños na revolta do 1467. Trala súa reconstrución foi pasando de man en man ata dar coas poutas do cura Manuel López Ernesto quen, sen ningunha contemplación polos seus anos de historia, fixo das súas dependencias un edificio serpeante de vivendas particulares. E isto con métodos pouco tradicionais e con moi mal gusto. Unha chapuza das de catálogo.
Este bloque de vivendas con historia levántase sobre unha pena de xisto á beira do río Navia e dunha ponte altomedieval de arco oxival.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
La Voz de Galicia (2005), Castillos y fortalezas. Ea Editorial.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Nestes momentos, xa non se atopa en perigo. O dano xa está feito. Iso si, poderían aproveitar e facer dentro un centro de interpretación do feísmo en Galicia.
Onde está localizado
Latitude: 42.96458819151616Lonxitude: -7.005339860916138
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
Manuel Rial says:
Set 25, 2011
Puxen as fotos que mellor poderían conservar a estrutura do castelo. Non me fui nada doado escoller, porque en todas aparecía algunha desfeita. Fixádevos senón na segunda foto, á dereita de onde está a torre. Por que non terían descuberto o formigón antes na Idade Media? Feísmo no seu estado puro.
Oscar Franco says:
Out 13, 2020
Veciños de Navia esixen unha solución para frear a degradación do castelo. Así o recolle a prensa dixital do de outubro de 2020:
https://www.elprogreso.es/articulo/a-montana/vecinos-navia-esixen-solucion-frear-degradacion-do-castelo/202010121423521464210.html
Oscar Franco says:
Feb 19, 2024
O Castelo de Navia de Suarna na prensa dixital do 17 de febreiro de 2024:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2024/02/14/castillo-navia-insignia-os-ancares-agoniza-debe-pasar-mans-publicas-ou-caera/00031707935953374294676.htm