Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Poio
Parroquia: Poio (San Xoán)
Lugar: Ucha
Outra denominación do ben: Palleira de Costráns
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Estas, xunto coa palleira de costráns de Arís, son as derradeiras da súa especie.

Canastro con tres pares de esteos en cantería de granito de arestas vivas. Os tornarratos son cilíndricos e neles apousentase a grade ou armazón que sustenta a cámara. O pouco que queda do piso é de madeira. Sobresaen os chuzos nos cruces das padieiras. Sobre as mesmas padieiras da base ían cravadas unhas varas cilíndricas sobre as que se realizaba a labor de ‘enmallaghe’ con varas de costráns de salgueiro de forma continua ao longo dos costales e dunha parede testeira. Na outra parede testeira, a do sol nacente, atopamos a porta de entrada que consiste en taboas verticais que sosteñen unha lumieira sobre a que vai o único pinche. A outra parede testeira non ten pinche. O cumio do teitume aséntase sobre unha estrutura en forma de tixeira nos seus extremos e nun travesaño de madeira. A cubrición do teitume estaba feita no seu día de colmo, aínda que hoxe está cuberta por unha sorte de tela asfáltica suxeita con ancoraxes industriais de manufactura moderna.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Decreto 449/1973 de 22 de febrero por el que se colocan bajo la protección del Estado los “hórreos” o “cabazos” antiguos existentes en Asturias y Galicia. B.O.E. número 62, 13 de marzo de 1973.
Dispoñible en:https://www.boe.es/boe/dias/1973/03/13/pdfs/A05042-05043.pdf

López Solís, J.M. y otros “Hórreos de la parroquia de San Juan de Poyo” Pontevedra: Museo de Pontevedra, 1974. Tomo XXVIII.

Vallejo Pousada, Rafael. “Guía del Conjunto Histórico de Combarro” Poio: A Solaina, 2013. ISBN: 978-84-616-3203-9

Dacosta Paz, Andrés “s derradeiras palleiras de Costráns en Poio” Faro de Vigo, 5-01-2014. Páx 7.
Dispoñible en: http://asolainacombarro.blogspot.com.es/p/palleiras-de-costrans-en-poio.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Estado ruinoso en sen mantenemento. As estruturas de madeira e sobre todo as enmallaghes de sabugueiro está a ser danada pola couza.


Onde está localizado

Latitude: 42.4510829211
Lonxitude: -8.69692996144
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84