Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Poio
Parroquia: Poio (San Xoán)
Lugar: O Pereiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Asentamento de sinxela configuración, ten unha croa case que circular no alto dun outeiro, rodeada por un parapeto. Rodeando a metade meridional hai unha pequena terraza con visos de ter habido traballos de extracción de pedra. Podería haber no seu tempo máis terrazas pero as traballos agrícolas borraron as súas pegadas.

O Conxunto está defendido pola sur-oeste por unha garganta de forte pendente escavada polo rego do Pereiro.

As súas medidas son, no eixo norte-sur, 90 m. por, no seu eixo este-oeste, 70 m. aproximadamente.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:

Seica nel viviron os mouros e dis ca hai un boi de ouro todavía enterrado nel.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Aparicio Casado, Buenaventura. “Arqueología y antropología cultural de la margen derecha de la Ría de Pontevedra” Diputación de Pontevedra, 1989. ISBN: 84-86845-33-5. Páx. 171-174.

Ligazóns Web:
Centro de Descargas de Información Xeográfica. “Series Cartograficas 5000 (2012) [0185A-0505]” Mapa de Pendentes. Instituto de Estudos do territorio Ano 2009-2010. [Consultado en: 26-05-2014] Dispoñible en:
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0185A-0403.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4415744105
Lonxitude: -8.7060213089
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84