Outra fotografía:

Tipo de ben: Conxunto de vivendas (Cascos históricos, barrios, aldeas),
Concello: Cervantes
Parroquia: Donís
Lugar: Piornedo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Considerada como a evolución das aldeas prerromanas, O Cebreiro e Piornedo son as aldeas que mellor conservan o que se consideran as estruturas construtivas máis antigas de Galicia: as pallozas. A súa forma circular, o teito en forma de cono feito de palla de centeo, breixo ou piorno, lembra ás construcións castrexas. A cuberta, moi empinada, permite que a neve e a auga non se acumulen e poidan derrubala. As paredes son de cachotería.

Dentro había lareiras para facer lume e cociñar, un forno para cocer pan e un dormitorio. O que non hai son chemineas, co cal o fume traspasaba a palla directamente, o que tamén contribuía a conservalas mellor. Os animais gardábanse no piso inferior, para aproveitar o calor, como na maioría das casas tradicionais. Hoxe en día, só se usan para iso, para corte dos animais.

Actualmente en Piornedo hai catorce pallozas usadas como cortes ou como museos. Precisamente, a palloza-museo Casa do Sesto (habitada ata 1970) amósanos como se vivía daquela nestas particulares vivendas.

O pequeno lugar, declarado Conxunto Histórico-Artístico, está a 1.300 m de altitude, no corazón dos Ancares, moi preto da fronteira con León.

A capela de San Lourenzo domina no alto a aldea de Piornedo. Preto hai unha fonte, construída por achega popular, cunha simpática inscrición: “Hizose en 1787. Viva Piornedo”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Poñéndoa en contraste coa aldea do Cebreiro, Piornedo deixou que as vivendas modernas se entrometeran coa arquitectura tradicional dun xeito bastante chocante.


Onde está localizado

Latitude: 42.856360036832214
Lonxitude: -6.87569260597229
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84