Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Sanxenxo
Parroquia: Noalla (Santo Estevo)
Lugar: Quintáns
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

No cruceiro desenvólvese un completo programa iconográfico. Na base do varal amósase unha escena do pecado orixinal no momento en que Adán e Eva senten vergoña da súa nudez, despois de ser tentados pola serpe que aparece na beira dereita do varal. Na altura media, aparece o arcanxo San Miguel, representado como un cabaleiro alado, expulsando a Adán e Eva do paraíso. No anverso da cruz, Cristo crucificado para redención dos pecados da humanidade namentres que pola outra beira, a Virxe sen pecado concibido domeña e encadea ao demo tentador aos seus pés.

O cruceiro ten unha plataforma de tres chanzos, inda que podería ter outro soterrado nas obras de asfaltado da estrada que o rodea. No derradeiro chanzo ten un pousadoiro, que non unha mesa de culto. O pousadoiro, empregábase para pousa-lo cadaleito do finado na procesión ao cemiterio, que se atopa a escasos metros.

O baseamento é pequeno e de arestas vivas. O varal é oitavado, non sendo na base que é de sección cadrada. Capitel composto con collarino octogonal, follas de acanto e volutas angulares. No anverso, baixo o Cristo, vense as tibias, mais non a caveira que se debeu perder. No resto das facetas vense querubíns entre as volutas.

A cruz é cilíndrica cun Cristo labrado polo miúdo no anverso baixo cartela de INRI. No reverso, a Virxe é coroada por anxos cuxos corpos se estenden ao longo dos brazos da cruz mais non en paralelo. No colo o meniño Xesús e aos seus pés, o demo cunha cadea o pescozo cuxo extremo suxeita a Virxe.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

“Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico.” BOE de 30 de marzo de 1963. nº 77. Páxina 5363. Dispoñible: https://www.boe.es/boe/dias/1963/03/30/pdfs/A05363-05363.pdf

LIGAZÓNS WEB:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SANXENXO/documents/0927CA010.pdf (p. 6)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Está en moi bo estado, inda que se atopa no medio dunha isleta nun cruce de estradas. Hai faltas de volumen xa que falta a caveira e o brazo co que Adán cubre o rostro.


Onde está localizado

Latitude: 42.4315183599
Lonxitude: -8.85406583548
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84