Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Rianxo
Parroquia: Isorna
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Recinto fortificado de 73×40 mts, con forma oval, ubicado nun esporón do Monte do Coto ou Monte Picota, xusto sobre a saída de Catoira da Autovía do Barbanza. O recinto consta dun terraplén que cingue o recinto, e unha zona principal totalmente achairada. Na ladeira do leste, o LIDAR amosa estruturas que non puideron ser verificadas debido á gran cantidade de maleza do recinto. Na zona oeste, a visita permitiu recoñecer a existencia dun posible foxo, moi colmatado, e unha posible muralla exterior, moi derruida, que reforzaría as defensas por esa área, a máis vulnerable de todo o recinto. A nosa proposta é que se trata dun castro da Idade do Ferro, polas dimensións da croa.

O castro foi localizado a través de LIDAR por Elixio Vieites.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.682277658
Lonxitude: -8.74554634094
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84