Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Cotobade
Parroquia: Almofrei (San Lourenzo)
Lugar: Os Agriños
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Amosa unha sinxela cruz latina de sección rectangular. Vemos unha Virxe orante no reverso e un Cristo no anverso. Ámbolos dous amosan unha labra ruda caracterizada pola súa frontalidade e desproporcións e rixidez dos membros do corpo e ollos con forma de améndoa.

O resto do conxunto é de liñas neoclásicas con cunha fábrica máis elaborada e máis recursos na súa labra. O capitel é unha interpretación do estilo composto no que se amosan unhas follas de acanto labradas polo miúdo e unhas volutas angulares diminutas que case desaparecen baixo o ábaco de beiras convexas en cuias partes centrais podemos ver querubíns coas as despregadas.

Ten un varal robusto e cilíndrico con arestas en dous terzos da súa altura. O baseamento ten labradas unhas coroa de follas en baixo relevo en tres beiras e un epígrafe que di:

DONACION DE
PASCUAL ALVAREZ
AÑO D 1721

O conxunto está elevado sobre unha plataforma de planta cadrada de tres chanzos de arestas vivas.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

“N.S.P. 25/02/1997. Petos de Ánimas e Cruceiros”. Concello de Cotobade, 3-3-1997. Dispoñible en: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/COTOBADE/documents/0770CA007.pdf

García, Miguel; Jar Ramos, Antonio. “Cruceiros e petos do concello de Cotobade” Pontevedra: Deputación de Pontevedra, 1998. ISBN 84-89690-32-4. Páx 45.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4348580187
Lonxitude: -8.54971021414
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84