Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Paderne de Allariz
Parroquia: Figueiroá (San Xiao)
Lugar: Leiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruz latina en granito, de sección cadrada con arestas biseladas situada na entrada da aldea de Neboeiro.
A cruz chantase sobre un basamento granítico no que aparece o seguinte campo epígrafico: “A.C.Y B.Q.P.T.S.C.R.A.M.”, o que foi interpretado como as iniciais da seguinte oración: Adorámoste Cristo e bendicímoste, que pola túa Santa Cruz redimiches ao mundo.

Foi colocada a comezos do século XX, no cruce de camiños entre o que levaba cara a igrexa parroquial de Figueiroá e o que se dirixía cara Saá (Mourisco).
Fora reaproveitada de un nicho do cemiterio, cando este se remodelou.
Nos enterros, os cadaleitos adoitaban parar diante de ela para rezar os pertinentes responsos, e incluso os veciños do pobo cada vez que pasaban ao seu carón recitaban a oración que ten gravada na súa base.
Nos anos 80 do século pasado, cando se ancheou a pista, foi retirada do seu emprazamento orixinal, estando varios anos tirada na cuneta. Actualmente está situada a altura de esa anterior situación, pero no eido que foi da veciña que a trouxera, colocándoa o actual dono.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PADERNEDEALLARIZ/documents/26630ca106.pdf (P.8)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.271888708
Lonxitude: -7.71762728691
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84