Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Zas
Parroquia: San Pedro do Allo
Lugar: Allo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
O pazo das Torres do Allo é un dos máis antigos de Galiza sendo un dos pazos de maior interés arquitectónico do país por ser un dos poucos existentes de estilo gótico. Foi erguido sobre os restos dunha fortaleza que mandaran destruír os Reis Católicos, e foi propiedade do clan dos Riobó.
Foi mandada construír polo fidalgo Gómez de Rioboo Villardefrancos na primeira metade do século XVI. A súa familia era procedente da parroquia de Riobó (Cabana de Bergantiños), e tiñan como solar primitivo o Poste da Penela, en Silvarredonda.
O edificio é de estilo gótico-plateresco, e consta de dúas torres de estilo gótico tardío, e un longo corpo central que as une. A torre norte é a máis antiga (principios do século XVI). O resto do edificio foi construído na segunda metade do século XVII, aínda que seguindo o estilo renacentista da torre máis antiga. Nas dúas torres é onde se amosa a maior riqueza decorativa: nas xanelas, balcóns, escudos e molduras. Unha cornixa, da que sobresaen varias gárgolas, percorre toda a parte alta do edificio. As fiestras da parte alta das torres están adornadas con elementos do gótico final, e as máis próximas ao corpo central están enmarcadas por un arco conopial, complementando o conxunto os escudos e os balcóns.
Dende finais dos anos 50 cando se foron os últimos caseiros que vivían nel, comezou o seu deterioro que acabou por causar o desplome de toda a súa cuberta e o seu interior ademáis de sufrir o expolio dalgunha das súas pezas. No 1997, a Deputación d’A Coruña foi quen de interesarse polo gran patrimonio artístico-cultural que se viña abaixo, acordando cos herdeiros a compra e o proxecto de restauración do edificio, integrándoas na 6ª fase do Plan 2000 de rehabilitación do Patrimonio Histtórico Provincial pra así salvalas dunha segura ruína e destrucción.
O fundador do pazo foi o fidalgo Gómez de Rioboo, o Vello, fillo de Gomez de Rioboo e de Berenguela Sánchez de Moscoso. Esta era descendente directa de Lope Sánchez de Moscoso e Ulloa, quen se proclamara no século XVI, conde de Altamira. Posuia unha fortaleza no mesmo sitio onde están as Torres do Allo actualmente, pero os Reis Católicos ordenaron a súa demolición por crer que o poderoso conde atentaba contra a autoridade real. A reconstrucción foille encarregada a un desconocido arquitecto da escola de Enrique de Egás, quen diseñara a fachada do Hostal dos Reis Católicos de Santiago.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-LEMA SUAREZ, X.M.:»Os mellores pazos da Costa da Morte», Asociación Neria, Cee, 2001.
-SÁNCHEZ GARCÍA, J.A.: “Torres do Allo”, Diputación da Coruña,2001.
-TROIANO CARRIL, X.: «Camariñas, Corazón da Costa da Morte», Libro inédito inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual no ano 2007, 2008 e 2009
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.159902830668884Lonxitude: -8.939030170440673
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
Oscar Franco says:
Xan 20, 2017
Referencia sobre este ben na prensa escrita do 19 de xaneiro de 2017:
http://quepasanacosta.gal/os-mil-segredos-das-torres-do-allo/
Oscar Franco says:
Ago 29, 2019
Engado a seguinte ligazón web:
https://torresdoallo.gal/o-pazo/o-primeiro-pazo-galego/?fbclid=IwAR111bscJ7ZRJ0Fvj7SH5ypx_tIjJkeOSl0rZuwiTh93g3-0sXKFA7AYfwI
Oscar Franco says:
Set 2, 2021
A prensa dixital do 30 de agosto de 2021 anuncia a licitación para a remusealización deste pazo:
http://new.culturagalega.org/noticia.php?id=32859