Outra fotografía:

Tipo de ben: Vía/Estrada/Camiño histórico,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Santa María de Sar
Lugar: Santiago de Compostela
Outra denominación do ben: Camiño real do Sar
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

Trátase do tramo máis próximo a Santiago de Compostela conservado do antigo camiño real que unía Compostela co interior de Galicia e con Castela, formaba parte do tramo común de dous camiños medievais.
Foi moi importante grazas ás rutas comerciais que por el chegaban a Compostela, o que fixo que se modificase e se arranxase en numerosas ocasións durante moitos séculos dende a súa creación, e tendo en conta que a actual rúa do Cruceiro do Sar non foi aberta ate ben entrado o século XX.
A maioría do empedrado está formado por anfibolitas de formas irregulares, no centro, disponse nunha espiña central formada por pedras morfoloxicamente máis regulares, presenta tamén restos de divisións transversais a xeito de debuxo que facían tamén labores de contención do pavimento así como canles laterais para a condución da auga.
Está documentada en torno ao ano 914 aínda que podería ser anterior e varios documentos do século XVIII fan referencia aos traballos de reparación do firme, onde se mencionan as veciñas canteiras de Santa Mariña como lugar de extracción da pedra utilizada.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Memoria do proxecto de sondaxes arqueolóxicas valorativas no antigo camiño real (Calzada do Sar). Santiago de Compostela. Manuela Pérez Mato. 2005.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8688403607
Lonxitude: -8.53206396103
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84