Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Celanova
Parroquia: Castromao (Santa María)
Lugar: Castromao
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Este depósito arqueolóxico situado nun outeiro, a 732 m sobre o lugar de Santa María de Castromao, dende o que se domina un amplo horizonte no val do rio Arnoia, configúrase como un recinto fortificado propio da Idade do Ferro do NO peninsular (século VI a.C), na etapa histórica coñecida como cultura castrexa. Sufriu unha longa romanización que se foi estendendo, co pasar do tempo, pola zona baixa que rodea o monte.

As Primeiras novas do depósito foron dadas por Barros Sivelo en 1875. Máis tarde foi incluido nun traballo de catalogación por Florentino López Cuevillas e por Xaquín Lorenzo, onde descubriron o lenzo de muralla e materiais de muralla. García Rollan en 1965 inicia un labor de prospección sistemático, e atopa restos de estructuras habitacionais con abundante material arqueolóxico (cerámica, ferro, bronce, moedas, …). Proseguen os traballos Ferro Couselo e Xaquín Lorenzo dende os anos 1969 ata 1974, e descobren novas estructuras e unha “Tessera Hospitalis” do ano 132 d. C., que constitúe un pacto de hospitalidade entre os habitantes de Castromao (Coelerni) e un alto militar romano, ademáis dunha cerámica con moedas do século I d.C.

Nos anos 70 e 80 dríxense novos traballos dende o Museo Arqueolóxico provincial de Ourense, escavándose novas áreas do recinto castrexo, e descóbrense materiais cerámicos do século VI a. C., á vez que se consolida un tramo de muralla. Na actualidade séguense a facer escavacións que confirman a forte romanización na zona baixa. Nos últimos anos estanse a facer campañas de limpeza do conxunto escavado para o seu mantemento.

Todos estes traballos delimitaron unha zona ocupacional do recinto castrexo-romano con 70 estructuras ocupacionais circulares e cadradas, murallas, muros de contención e nivelación e parte dunha rúa lousada.

Todas as escavacións realizadas deron como resultado un inxente material (fíbulas de bronce, fornos de cerámica, esculturas zoomorfas, etc.)


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

A prensa dixital do 25 de outubro de 2019 recolle a nova de declarar BIC a este castro (ver referencia bibliografica).


Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA:
Fariña Busto, Francisco. “Dos notas a proposito de Castromao (Celanova, Ourense).”CUADERNOS DE ESTUDIOS GALLEGOS”, Tomo XXXIX, Fascículo 104, Santiago 1991.

ENLACES WEB:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CELANOVA/documents/0526CA001.pdf
http://www.terradecelanova.com/html/castromao.htm
http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/OURENSE/celanova/castromao.html
http://marko-provinciadeourense.blogspot.com.es/2011/10/castromao-castro-arqueologico-en.html
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=17247&ctre=68
http://castrosgalaicos.blogspot.com.es/2008/03/yacimiento-castreo-de-castromao.html

https://www.laregion.es/articulo/celanova/yacimiento-castromao-declarado-bic-xunta/20191024230251901837.html

https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/celanova/2020/11/03/celanova-revive-castromao-limpieza-fondo-informacion-virtual/0003_202011O3C5995.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1620097205
Lonxitude: -7.97706663609
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84