Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Caldas de Reis
Parroquia: Caldas de Reis (Santo Tomé)
Lugar: Caldas de Reis
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Empezouse a construir no ano 1890 por subscrición popular, levantada coas pedras da antiga torre de dona Urraca, e rematouse catro anos despois, no 1894. Consérvanse dúas xanelas moito máis antigas co resto do conxunto, algúns sillares e os pretís que se poden ver incrustados nos muros da ábsida. Torre medieval, por certo, onde se dí que nacera Alfonso VII, primeiro, rei da Galiza e despois de Castela e León e tamén se dí que foi residencia dos arzobispos composteláns dende 1228.
Esta igrexa monumental de planta de salón, dunha soa nave e unha ábsida de menor dimensión, está cuberta a tres augas, tanto a nave como a ábsida. A súa fachada divídese en tres corpos verticais. O corpo central sobresae en planta mentres que os laterais son de menor altura. Cunha composición simétrica, de abaixo arriba, nos laterais ábrense uns ocos de luz con forma cruciforme de brazos redondeados. Máis arriba, despois dunha pequena cornixa que percorre dun lado a outro da fachada, ábrense outras xanelas alongadas con arco de medio punto, enriba destas xanelas, sitúanse unhas inscricións nunha moldura que di: Na parte dereita “COMENZO-1890” e na parte esquerda “TERMINO-1894”. Estos laterais rematan cun frontón triangular partido polo corpo central e flanqueado por senllas cruces de pedra.
O corpo central, como xa comentabamos, sobresae do plano sobresaltando esas columnas ata a base da torre-campanario. De abaixo arriba, a porta principal con arco de medio punto, enriba desta unha xanela máis alongada cas laterais e á altura onde se rematan os laterais, ábrese un óculo de luz. A torrre, cuadrangular, ten un oco de medio punto por cada lado onde van aloxadas as campás e un reloxio enriba destas, estando cubertas por unha pirámide octogonal flanqueado por catro pináculos piramidais cuadrangulares.
O templo está adicado a Santo Tomás de Canterbury que realizou unha visita á vila no século XII, o seu paso como peregrino cara a Santiago de Compostela, xa que Caldas de Reis foi lugar de descanso de peregrinos ilustres como o nomeado Tomás Becket, arzobispo de canterbury e chanceler de Inglaterra, facendo pernocta na vila no ano 1167.
Resaltar que este é o único templo galego adicado o arcebispo en conmemoración a súa parada na vila.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CALDASDEREIS/documents/0732CA001.pdf (páx. 5).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6043536527
Lonxitude: -8.64261984843
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84