
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Caldas de Reis
Parroquia: Caldas de Reis (Santo Tomé)
Lugar: Adro de Santo Tomé de Caldas de Reis
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de dous chanzos e pedestal cuadrangular achafranado. Ten un varal historiado, cuadrangular no seu primeiro tercio e octogonal ata o capitel. Na parte cuadrangular e recadrada mostra as figuras da paixón: sable, tenaza, cravos, isopo, columna, galo, cántaro, man, coroa de espiñas, martelo, tralla, lanza e escaleira. Na parte oitavada e pola parte do anverso móstranos as figuras de Adán e Eva e enriba outra figura ¿? en sentido orante sobre un pedestal. Polo reverso do varal hai sobre un pedestal cun anxo debaixo, a Virxe Coroada coas mans pregando. O capitel é cuadrangular con ábaco de lados curvos e vértices achafranados. Ten volutas, círculos cunha cruz dentro e querubíns. O astrágalo é octogonal do que sae unha figura vexetal en forma dun xérmolo. A súa cruz é circular, leñosa con nós. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans pechadas. Inclina a cabeza lixeiramente á dereita cunha coroa de espiñas. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe enriba dun pedestal con forma de vieira, pregando e coas mans no peito. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.6044374473Lonxitude: -8.64291310315
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84