Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Allaríz
Parroquia: Allariz (Santiago)
Lugar: Praza San Isidro - Allariz
Outra denominación do ben: Cruceiro da Alameda
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

En Allariz como pobo galego rico en tradicións, non podía faltar unha colección de cruceiros.
En total, pódense visitar ata catro, colocados entre os anos de 1575 e 1580, unha época na que a cidade foi atinxida por numerosas epidemias e peste bubónica e os seus cidadáns buscaron a protección do ceo. Púxose un diante de cada parroquia, aínda que actualmente só a Santa María de Vilanova mantén a súa situación orixinal. Dous están no campo da Feira, preto da igrexa de San Bieito e o outro é este preto da Alameda.
Practicamente igual os que están na entrada o atrio de San Bieito, á excepción da base, os da Barreira posúen unha base mais ampla debido ó desnivel do terreo.
Cruceiro plateresco de granito, apoiado nunha base granítica natural, sobre a que se asenta o pedestal cuadrangular cunha banda horizontal rebaixada e rematado en especie de cúpula, da que sae un varal con inicio cuadrangular, continuando en sección cilíndrica e acanalado verticalmente, con coroa de espiñas no centro e na cima. Capitel moi decorado con diversos motivos: caras de anxelotes e adornos vexetais varios. Cruz latina cuadrangular con aparencia vexetal, na cima INRI, Cristo crucificado con tres cravos,no anverso e Virxe da piedade no reverso.

Situado no xardín da praza de San Isidro previo a Alameda de Allariz.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.panoramio.com/photo/57867367


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1901184256
Lonxitude: -7.80497074127
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84