Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Caldas de Reis
Parroquia: Caldas de Reis (Santa María)
Lugar: Ponte romana do río Bermaña
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” sen plataforma, situada no pretil da ponte romana do río Bermaña. Ten un pedestal cuadrangular combinado cunha moldura circular na que vai o varal tamén circular. Leva un capitel cuadrangular co astrágalo circular. Óllase unha pequena fenda pola parte do seu anverso e reverso. A súa cruz é cuadrangular e no seu anverso presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans pechadas. Inclina a cabeza cara á dereita cun pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza semella ir sen nós. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans no peito sobre unha peaña dun anxo con ás. O cruceiro é todo de granito cun estado bo a regular de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.caldasdereis.com/visitar.php#0.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CALDASDEREIS/documents/0732CA001.pdf (Páx.4).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6058502092
Lonxitude: -8.6450172962
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84