Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Poio
Parroquia: Poio (San Xoán)
Lugar: Camiño Lameiriña, Arís
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Esta palleira xunto coa palleira de costráns de Ucha son as derradeiras da súa tipoloxía.
Situada nun eirado privado no lugar de Arís no concello de Poio. Consta de tres pares de esteos cubertos no seu terzo superior por unha capa de morteiro de cemento pulido. Os tornarratos son de tipo ‘cogomelo’ sobre os que se sostén a base da cámara. Entre pares de esteos van as travesas sobre o que se elevan as padieiras laterais que sosteñen a cámara. As paredes son de “enmallaghe” (enmallado) de costráns de salgueiro ao longo de toda a contorna da palleira, tendo as esquinas redondeadas. No costal de sombra érguese a porta de acceso, que non fumos quen de abrir por estar tanto a pechadura coma as bisagras demasiado oxidadas. Ten un só pinche na parede testeira de poñente formado por táboas horizontais de pino sobre o trenzado de sabugueiro. A cuberta actual vai a tres augas, de tella francesa dende os anos cincuenta. Ten un beiril moi exaxerado polo que foi preciso reforzar o beirado con riostras.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Decreto 449/1973 de 22 de febrero por el que se colocan bajo la protección del Estado los “hórreos” o “cabazos” antiguos existentes en Asturias y Galicia. B.O.E. número 62, 13 de marzo de 1973.
Dispoñible en:https://www.boe.es/boe/dias/1973/03/13/pdfs/A05042-05043.pdf

López Solís, J.M. y otros “Hórreos de la parroquia de San Juan de Poyo” Pontevedra: Museo de Pontevedra, 1974. Tomo XXVIII.

Vallejo Pousada, Rafael. “Guía del Conjunto Histórico de Combarro” Poio: A Solaina, 2013. ISBN: 978-84-616-3203-9

Dacosta Paz, Andrés “As derradeiras palleiras de Costráns en Poio” Faro de Vigo, 5-01-2014. Páx 7.
Dispoñible en: http://asolainacombarro.blogspot.com.es/p/palleiras-de-costrans-en-poio.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Son as últimas palleiras de costráns que quedan e están en total estado de abandono. A couza está a facer estragos sobre todo no enmallaghe de sabugueiro.


Onde está localizado

Latitude: 42.454284691
Lonxitude: -8.68571832776
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84