Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Cotobade
Parroquia: Almofrei (San Lourenzo)
Lugar: Os Agriños
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Conxunto acompañado por un pousadoiro formado por un taboleiro moldurado apoiado sobre dúas cepas e un piar central. A cruz é de labra popular. As personaxes amosan ollos en forma de améndoa con membros desproporcionados e rixidez, tanto nos membros como na roupaxe. A cruz ten brazos cilíndricos cunha Virxe da Quinta Angustia no reverso. O seu rostro non ten detalles, a non ser polos ollos en forma de améndoa e está cuberta por un manto rudo e ríxido da cabeza aos pés. Sostén no seu colo o corpo excesivamente pequeno de Cristo. Polo anverso, Cristo crucificado cunha cabeza desproporcionada que cae sobre o seu ombreiro dereito.

O capitel, sen embargo, amosa unha coidada fábrica labrada polo miúdo. De estilo composto, amosa un ábaco de beiras convexas con flores na parte central. Baixo este as volutas angulares de arestas vivas sobre un unha interpretación das follas de acanto.

O varal é cilíndrico coa base máis ancha. Na parte media vemos un santiño con hábito monacal en aptitude orante.

O baseamento amosa diversas molduras de planta circular na unión co varal así como outras prominentes nas arestas superiores. As facetas laterais amosan cadrados labrados en baixo relevo no que, segundo Miguel García e Antonio Jar, podemos ten os seguintes epígrafes no baseamento:

Beira oeste:

-/ilexible/-
DEBOCION
DE’MANUEL
MOREIRA

Beira este:

AÑO DE
1825

Beira Sur:

Y LA CUN
CLVIO SV
CVUMPLI
DOR

A plataforma é de planta cadrada de tres chanzos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

“N.S.P. 25/02/1997. Petos de Ánimas e Cruceiros”. Concello de Cotobade, 3-3-1997. Dispoñible en: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/COTOBADE/documents/0770CA007.pdf

García, Miguel; Jar Ramos, Antonio. “Cruceiros e petos do concello de Cotobade” Pontevedra: Deputación de Pontevedra, 1998. ISBN 84-89690-32-4. Páx 46-47.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.435000549
Lonxitude: -8.54963511229
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84