Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Cotobade
Parroquia: Almofrei (San Lourenzo)
Lugar: Os Agriños
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de labra popular recoñecible pola forte frontalidade na súa labra e desproporcións. A cruz e oitavada con remates en flor amosa polo reverso a escena da Quinta Angustia na que a Virxe, cuberta por un amplo manto sostén no seu colo o corpo morto de Cristo, proporcionalmente moito máis pequeno que o da Virxe, que case semella o corpo dun meniño. Polo anverso vemos un Cristo crucificado cos membros estendidos e sen flexións nas articulacións.

O capitel é practicamente paralelepípedo no que se labran case en relevo as volutas angulares, con querubíns na parte central, que caen sobre un equino. O varal é oitavada e uniforme no seu perímetro deica a base. O baseamento está asimilado a plataforma, converténdose nun chanzo mais, tendo esta entón un total de catro chanzos en planta cadrada.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

“N.S.P. 25/02/1997. Petos de Ánimas e Cruceiros”. Concello de Cotobade, 3-3-1997. Dispoñible en: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/COTOBADE/documents/0770CA007.pdf

García, Miguel; Jar Ramos, Antonio. “Cruceiros e petos do concello de Cotobade” Pontevedra: Deputación de Pontevedra, 1998. ISBN 84-89690-32-4. Páx 48.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4351985074
Lonxitude: -8.54952514172
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84