Outra fotografía:
Tipo de ben: Lavadoiro,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Cerponzóns (San Vicente)
Lugar: Tilve
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Fonte a carón da igrexa de San Vicente de Cerponzóns, procedente dunha mina de agua situada no monte veciño. A fonte mana a partir dun oco no muro do adro da igrexa. A lumieira do oco esta aproveitada dunha pedra moldurada. A auga percorre ao longo dunha canle labrada por tramos en pedra de granito. A canle ten dous desaugadoiros, un lateral que desemboca nunca piscina de muros de perpiaño de granito de 2 metros de ancho e longo aproximadamente. O outro desaugadoiro está no extremo da canle e desemboca nunha gran pía rectangular situada nun nivel inferior. A ámbalas dúas beiras da pía hai perpiaños horizontais ao mesmo nivel. Un deles está lixeiramente elevado e inclinado que ben se podería usar como lousa de lavadoiro. A auga sobrante da pía cae nun desaugadoiro limitado pola outra beira por unha pedra circular procedente do tornarratos dun hórreo.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
“As Fontes e os Lavadeiros” [En liña] Pontevedra: Serpenties, 2014. [Consultado en 7-06-2014]. Dispoñible en: http://serpenties.blogspot.com.es/search/label/LAVADEIROS%20E%20FONTES
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.475441329Lonxitude: -8.64132642746
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84