Outra fotografía:

Tipo de ben: Conxunto de vivendas (Cascos históricos, barrios, aldeas), Vila romana,
Concello: Baixa Limia (comarca) / Bande
Parroquia: Os Baños (San Xoán)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:

O conxunto arqueolóxico de Aquis Querquennis, situado ó lado da antiga Vía XVIII de Antonino ou Vía Nova, está composto por:
O campamento romano, dunha cohorte da séptima gémina, foi un dos epicentros militares dende o que se activou a construción desta ruta. Están escavados e consolidados, total ou parcialmente, uns 200 m. da muralla perimetral, coas súas torres sucesivas e alternantes, así como dúas importantes entradas, a Porta Principalis Sinistra (porta principal esquerda) e a Porta Decumana (Porta Oeste), aparte dun pequeno sector do foxo. Nos últimos tempos exhumouse o edificio medular do campamento, tratándose dos Principia ou cuartel xeral.
Barracóns da Tropa: Cun esquema sinxelo, a esquerda da residencia do centurión, dez cubículos de soldados (contubernia) con capacidade para 8, para albergar o total de oitenta soldados de cada centuria, e o correspondente patio ou Impluvium dotado de cisterna no seu punto medio.
O Hospital (Valetudinarium): A súa planta imita á dunha Domus Romana coas súas múltiples dependencias ordeadas en torno a un patio central (Peristilum).
Hórreos (Horrea): Destinados ó almacenaxe dos cereais e demáiss vituallas para o consumo humano.
A Mansión: Da Mansión Viaria, ou o que é o mesmo, un pequeno hospedaxe de descanso para os viaxeiros que recorrían a vía, escavouse o que parece un edificio hostaleiro co seu grande patio cuberto, cun forno panificador nunha das esquinas, o sector destinado ós aposentos e un patio cercano exterior provisto do correspondente pozo para abrevar os animais de transporte e montura.
Augas termais, que brotan no medio dos restos dun balneario, xa explotado dende o mundo romano. As súas augas teñen propiedades curativas do reumatismo e enfermidades da pel.
Este asentamento intégrase na antiga rexión romana de Lusitania – que, en grande parte, a finais do século III pasou a ser “Provincia Gallaecieae” – situábase a medio camiño da antiga Vía XVIII de Antonino ou Vía Nova que unía Braga con Astorga. Esta calzada que, tras pasar a Serra do Xurés, remontaba a marxe dereita do Limia e despois atravesabao por Ponte Pedriña, foi cuberta polas augas do encoro das Conchas en 1949.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

Con data 21 de decembro de 2017 foi publicado no DOG o procedemento para declarar a este conxunto ben de interese cultural (BIC).
Con data 19 de febreiro de 2019 o conxunto de Aquis Querquennis é declarado BIC (Ver referencia bibliográfica).


Referencias bibliográficas:

http://www.concellobande.com/images/stories/pxom/TOMO%208/catalogo%20de%20bens%20obxecto%20de%20proteccion.pdf

http://fundacionaqvianova.com/index.html

http://www.dendealimia.com/articulo/bande/campamento-aquis-querquennae-tera-novo-torreon/20161202111524008215.html

https://elpais.com/cultura/2017/07/20/actualidad/1500544346_468359.html

http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=28192

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2019/02/20/declaran-bic-yacimiento-aquis-querquennis/0003_201902O20C8996.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9741921381
Lonxitude: -7.98090219498
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84