Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Lugo / Lugo (comarca)
Parroquia: Lugo
Lugar: Praza de Pío XII
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

A súa construción iniciouse no ano 1129 e finalizou no 1273. Foi deseñada polo mestre Raimundo de Monforte e adicada a Santa María, chamada tamén Virxe dos Ollos Grandes.

Con planta de cruz latina con tres naves, esta catedral posúe unha rica xuntanza de estilos arquitectónicos.
A súa fachada principal é neoclásica, con nave románica, triforio e cabeceira oxival.
Durante o século XIV sufriu unha reforma na cabeceira triabsidal, cambiándoa por outra de estilo gótico cunha capela maior e un deambulatorio con cinco capelas góticas.
Esta capela maior está limitada polas arcadas góticas do século XIV. Nela destaca o tabernáculo neoclásico realizado en materiais nobres (xaspes, mármore,…), proxectado en 1764 polo enxeñeiro francés Lemaur e dirixido por José Eleixalde, que alberga la custodia-ostensorio de prata onde se mostra en exposición perpetua o Santísimo Sacramento. Nos laterais pódense ven uns anxos de mármore de grande tamaño, obra do século XVIII de Felipe de Castro.
No século XVI aproveitando a torre medieval, levantouse a torre do reloxo ao tempo que se facía o adro sobre a portada románica, obra realizada por Gaspar de Arce.
No século XVIII a capela absidal central foi substituída por outra maior, a da Virxe dos Ollos Grandes, e o hastial que ameazaba ruína foi derrubado para levantar a actual fachada neoclásica cuxas torres se finalizaron a finais do século XIX, con proxecto de Julian Sánchez Bort.
A súa porta norte é románica, e que destaca polos seus ferros primitivos dos séculos XII-XIII, e por un orla co Pantocrátor da que se desprende un pinxante con forma de capitel e unha inscrición, que representa a Sagrada Cea. Este conxunto está considerado como unha das obras mestras da escultura románica galega

No seu interior destacan diferentes partes:

* As pinturas que se atopan no teitume do altar maior, obra do astorgano José de Terán, pintor adscrito ao primeiro neoclasicismo galego, que as comezou en 1776. Son consideradas a Capela Sixtina do barroco galego, con influenzas de Rubens e Tiépolo.

* O retablo renacentista que estaba no altar maior, obra de Cornelius de Holanda, e que se partiu a consecuencia do terremoto de Lisboa de 1755. Despois disto decidiuse dividilo en varios fragmentos; os dous maiores atópanse actualmente en ambos extremos da nave do cruceiro. Posúe catro pilastras xaspeadas con capiteis en bronce.

* A capela da Nosa Señora Dos Ollos Grandes, patroa de Lugo, obra de Fernando Casa Novoa feita entre 1726 e 1734, cun retablo barroco de Miguel de Roma. Posúe planta de cruz grega.
Situada na capela principal da xirola aparece a imaxe da Virxe, feita en granito fino policromado de autor anónimo do século XIII-XIV. A obra representa a Virxe sostendo ao Fillo. O retablo é de época barroca.

* A capela de San Froilán, coa imaxe do Santo en madeira. Na súa cabeceira existe un sepulcro coñecido como a da Santa Froila.

* A capela do Pilar, xunto ao muro norte consta de dous tramos. O seu retablo é neoclásico e a imaxe da Virxe está flanqueada por San Froilán e San Simón.

* A capela de Santa Lucía.

* O coro, con tallas do mestre Francisco de Moure.

* Xa por último destacar o enterramento medieval baixo arco solio perdido na gran nave lateral.

A catedral de Lugo posúe o privilexio papal de exposición permanente do Santísimo Sacramento dende a Idade Media, que sae en procesión. por esta razón no escudo da cidade aparece o cáliz e a hostia coa seguinte lenda: “Hic hoc misterivm fidei firmiter prifitemvr” (Creemos con fidelidade en este misterio), en referencia ao misterio da consagración do corpo de Cristo.

A Catedral foi declarada Monumento Histórico Artístico por Real decreto o 3 de xuño de 1931.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

A Virxe da Nosa Señora dos Ollos Grandes foi cantada por Alfonso X na Cantigas de Santa María nº 77.
O trovador atribue á Virxe unha curación milagreira:

“Da que Deus mamou o leite do seu peito,
non é maravilla de saar, contreito”.


Historia recente do ben:

A prensa dixital do 23 de abril de 2021 denuncia o mal estado de conservación do chamado Coro de Moure, considerado como “o mellor coro barroco do século XVII que temos en España”. (ver referencia bibliográfica).


Referencias bibliográficas:

http://www.diocesisdelugo.org/catedral
http://www.patronatodeturismodelugo.es/puntointeres.php?id=1440
http://www.arteguias.com/catedral/lugo.htm
http://www.arquivoltas.com/11-galicia/01-lugo01.htm
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=3098
http://www.patronatodeturismodelugo.es/puntointeres.php?id=1439

http://www.foroxerbar.com/viewtopic.php?t=7979
http://maravillasdeespana.blogspot.com.es/2014/05/lugovolvemos-galicia.html

DETERIORO DO CORO (2021)
https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2021/01/30/coro-catedral-lugo-joya-siglo-xvii-estado-critico/0003_202101L30C5991.htm
https://www.elprogreso.es/gl/articulo/lugo/nova-alarma-deterioro-coro-catedral-lugo/202104231058511498839.html

Alertan do grave perigo do coro lígneo da catedral de Lugo, unha das grandes obras artísticas do templo


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.009257497
Lonxitude: -7.55839526653
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84