Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande, Institucións políticas (concellos...),
Concello: Lugo / Lugo (comarca)
Parroquia: Lugo
Lugar: Praza Maior
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Anteriormente a este edificio, xa existía outro que, debido ao seu mal estado, foi derrubado. No seu lugar proxectan o novo edificio que hoxe é sede do Concello de Lugo.

Esta nova edificación, do ano 1736, é obra do mestre Lucas Ferro Caaveiro, quen propuxo ampliar a superficie engadindo dúas salas máis á planta, para o cal se mercou unha leira que limitaba coa parte posterior e occidental do edificio anterior. As obras de construción terán unha duración de case 10 anos.

No conxunto destaca a súa magnífica fachada, feita en pedra polo mesmo mestre de obras. E unha composición a dúas alturas. A inferior posúe un soportal con oito arcos de medio punto apoiados sobre nove pilares.
Na primeira planta destaca a balconada de forxa de ferro sobre ménsulas decoradas. Nesta balconada aparecen oito ventás dispostas sobre os arcos inferiores.

Na parte superior da fachada podemos ver varios escudos, entre eles o do Rei de España, e unha cornixa moldurada con seis gárgolas sobre outros tantos pináculos sobre volutas coroadas con bolas. Remátase con dous torreóns nos esquinais.

A peineta da sección central contén unha cartela con orla que sinala a José Vaamonde como rexedor da cidade en 1738.

Sufriu diferentes intervencións ao longo do tempo. A maior tivo lugar no ano 1862 cando se ampliou o edificio por necesidades de espazo para o Concello.
A outra intervención consistiu na construción do reloxo. Unha primeiro construción no ano 1871 foi derrubada por fallos estruturais. No ano 1873 o arquitecto Nemesio Cobreros y Cuevillas proxecta a nova torre apoiándoa sobre catro pilares, dous no muro posterior e dous no patio interior.

O edificio do Concello de Lugo foi declarado Monumento Histórico Nacional polo Real Decreto 2645/1972 do 18 de agosto de 1972.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: EquipamentoInfraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://gl.wikipedia.org/wiki/Casa_Consistorial_de_Lugo
http://www.patronatodeturismodelugo.es/puntointeres.php?id=2355


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.0100923946
Lonxitude: -7.55580961704
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84