Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Estrada
Parroquia: Couso (Santa María)
Lugar: Maíndo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de catro chanzos e pedestal cúbico achafranado. O varal é octogonal comezando en cadrado e rematado tamén en cadrado pero con figuras vexetais. Ten un capitel cuadrangular, troncopiramidal invertido, con figuras do que semellan ser monxes e santos a cada lado e roeles nos vértices. A súa cruz é cuadrangular cos brazos con mediacana e remates floreados. Polo anverso da cruz presenta Cristo Crucificado con tres cravos e as mans pechadas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Dorosa sobre unha peaña amosando o seu corazón con sete espadas de ferro. O cruceiro é todo de granito cun estado regular de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7486513807
Lonxitude: -8.54769885549
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84