Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cuntis
Parroquia: Cuntis (Santa María)
Lugar: Cuntis
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa de planta de cruz latina situada no centro da vila, no seu interior distribúense seis altares con numerosas imaxes relixiosas de importante valor artístico, talladas por escultores como Gambino, Xosé Ferreiro, Francisco Asorey e Uxío Souto. Destacan entre outras pezas a Dolorosa, a Virxe do Carme, o Cristo Xacente e todo o conxunto de imaxes localizadas no altar maior.
Foi reconstruída na primeira metade do Século XVIII a partires da fábrica da súa predecesora románica, moi posiblemente do século XI, cando formaba parte do cenobio do mosteiro de Santa María de Termis e pola doazón que lle fai o Arcebispo Xelmírez a Dona Urraca no ano 1116 coa sinatura do Abade de Cuntis como vicario de Xelmirez. Nas súas inmediacións acháronse sepulturas do altomedievo e incluso da época sueva. Destaca tamén nun sillar do muro septentrional do cruceiro, no exterior, dunha inscrición dunha lápida sepulcral cunhas dimensións de 143 cm de longo por 41 cm de ancho. Segundo recolle Figueira Valverde “esta inscrición achouse cavando os cimentos da igrexa nova. E di así: ERA 1116 et 2Ids Martii memori credens Abbas Adulfus fecimus”. Existen diversas interpretacións tanto para a súa lectura como para a súa trancrición. Segundo García Romero pódese ler: “+ ERA . T . C XVI : ET III + DS MMRIA R EO + CELES ABB . + . ADAVLFVS : FECIMVS”. Transcribíndoa da seguinte maneira: O ano 1078 tres días antes dos Idus de Marzo fixemos memoria o célebre Adaulfo”. García Carro transcríbea así: “ERA . I. C . XVI : ET III IDS MR. MEMORIA CRES . ABBA + ADAULFVS : FECIMUS”.
Na súa fachada destaca a torre cuadrangular apegada á esquerda da fachada que na súa parte dereita ten unha espadana dun corpo e un só oco con arco medio punto sostido por machóns moldurados onde leva a campá. Séguelle unha cornixa moldurada cun acroterio piramidal no medio flanqueado por dous pináculos piramidais con bóla. A torre, formada por tres corpos, arranca dende abaixo chagando á altura co cume do teito da nave onde se sitúa o segundo corpo cinguido por unha fermosa balaustrada de tipo compostelano. Neste segundo que arranca con arcos de medio punto sobre piares moldurados que soportan as campás; o derradeiro corpo fórmao un tambor de planta hexagonal con seis arcos de medio punto, cinguido tamén por unha balaustrada igual ca inferior e coroado por unha lanterna cos nervos remarcados. No máis alto fica rematado por un pináculo con bóla.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– http://www.romanicodigital.com/documentos_web/pdf/PDF%C2%B4S_VISOR%20On-Line%20Abierto/PONTEVEDRA/Cuntis.swf
– http://www.turismodecuntis.es/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.6338017366Lonxitude: -8.56311917307
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Set 2, 2015
O pasado 11 de agosto foi detido un home como presunto autor das desfeitas na escaleira do atrio da Igrexa de Cuntis. As primeiras investigacións reflicten que o detido conducía un todoterreo co que subiu e baixou, en repetidas ocasións, estes chanzos causando importantes danos no acceso ao atrio do templo.
Máis Info:
http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2015/08/11/detienen-conductor-todoterreno-destrozo-escaleras-atrio/0003_201508P11C8992.htm
CANTO CAZURRO !!!