Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Cuntis
Parroquia: Cuntis (Santa María)
Lugar: Praza das árbores
Outra denominación do ben: Pazo de Ximonde e Casa Grande dos Castro
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Pazo fundado no século XVII, foi asilo dos pobres, que podían tomar os baños gratuitamente no balneario. É propiedade da Xunta de Galicia dependendo do concello por cesión.
Coñecida tamén como a Casa Grande dos Castro, é unha das arquitecturas señoriais máis importantes do núcleo urbán cuntiense. Localizada ó carón da igrexa parroquial, nun dos lados que conforma a cuadrangular Praza das árbores, serve esta antiga morada fidalga de Casa da Cultura municipal e leva o nome dun dos fillos ilustres de Cuntis, Roberto Blanco Torres.
A edificación sufriu numerosos cambios estruturais, como así o demostran as cicatrices marcadas na pedra. No século XVII xa estaba en pé, no entanto será a finais do XVIII cando se acometan as obras que lle outorgarán maior fermosura aos seus muros e á fachada principal. É un edificio barroco de planta rectangular, que conta cunha altiva cheminea, grandes “ventás de aire”, un amplo balcón e dúas fermosas pedras armeiras na súa fachada principal.
Foi a residencia do II Conde, D. Pedro María de Cisneros, cando ía ó Balneario de Cuntis, polos seus males reumáticos, balneario que contribuíu a mellorar e modernizar.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CUNTIS/documents/0775ME002.pdf (Páx.23, Folla 30).
http://www.turismodecuntis.es/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6340874248
Lonxitude: -8.56322348118
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84