Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Salceda de Caselas
Parroquia: Entenza (Santos Xusto e Pastor)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A Igrexa de Entenza, de orixe románica, está feita a base de perpiaño granítico labrado, con teitume a dúas augas.
A fachada principal posúe un arco de medio punto coas arestas rebaixadas e o marcado das doelas que forman o arco. por riba dela aparece un óculo central de forma circular con moldura.
No centro aparece unha torre campanario de forma cadrada sobre unha pequena cornixa voada.Posúe catro ocos de arco semicircular moldurados e con adorno central superior e balaustrada pétrea de tres pés en cada un deles. Nos extremos dela están pináculos piramidais rematados en bola sobre un prisma labrado. Remátase con agulla en forma de pirámide octogonal que finaliza en bola e cruz pétrea.
Destaca a súa cornixa moldurada que percorre os paramentos laterais baixo o alero do tellado. Rematan o paramento nos extremos uns pináculos piramidais con bola sobre unha base cuadrangular.
A ábsida actual foi construída no 1727. Foi reconstruída case na súa totalidade a comezos do século XVIII.
No ano 1943, nunha nova reforma, cambióuselle a espadana pola torre actual de campanario.

O interior posúe os paramentos e o teitume enfoscados. O arco triunfal de medio punto apóiase en pilastras e dá paso á capela maior con bóveda de crucería de catro nervos, apoiados en ménsulas cunha clave. No interior podemos ver tamen un retablo de estilo barroco do primeiro terzo do século XVIII.

En escritos do século XII esta igrexa era coñecida polo nome de Antenza.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/PONPA005.pdf
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SALCEDADECASELAS/documents/0921CA001.pdf (Páxina 6)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SALCEDADECASELAS/documents/0921CA002.pdf (Páxina 6)
http://www.diocesetuivigo.org/diocese/entenza.pdf
http://salcedadecaselas.es/turismo/as-parroquias/entenza/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0786438803
Lonxitude: -8.5608279705
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84