Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Sober
Parroquia: Anllo Santo Estevo
Lugar: Tapada do Monte
Outra denominación do ben: Pena do Baldeiros
Cronoloxía: Calcolítico, Idade do Bronce,
Descrición:

Inscultura rupestre sobre unha laxa esquistosa, ao carón do rego de Baldeiros.
Motivos: círculos, sucos, cruces, cruces inscritas e cadrados.
Fotografías cedidas por Xulio Gil á Asociación Cultural O Colado do Vento.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA27059022
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:

Din que nunhas penas que hai cara a Tapada do Monte, xunto ao regato de Baldeiros, deixou as pegadas o cabalo de Santiago cando a loita contra os mouros. Dende alí, saltou ás Cerdeiriñas, cerca do mosteiro de Santo Estevo, onde tamén quedaron marcadas (nota: no lugar das Cerdeiriñas atopamos unha coviña).


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Está a carón dunha obra de embalsamento do río Baldeiros, estando a piques de desaparecer no ano 2007 convertido en pedra de recheo para esa obra. Unha visita fortuita ao petróglifo evitou a desfeita, pois outras pedras do redor xa foron picadas e esta estaba cuberta con algúns cascallos. Patrimonio fora advertido da súa existencia previamente, pero non se catalogou ata despois deste episodio.
Está rodeado de maleza e cunha instalación de bombeo de auga moi perto.


Onde está localizado

Latitude: 42.43341092102302
Lonxitude: -7.643598318099976
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84