Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande, Castelo,
Concello: Padrón / Sar (comarca)
Parroquia: Iria Flavia (Santa María)
Lugar: Arretén
Outra denominación do ben: A Barronca. Castro de Arretén
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

No pxom municipal de Padrón de 1994 aparece descrito este xacemento como Castro de Arretén, tamén se lle dá os nomes : A Barronca, A Rocha, e A Raíña Lupa. Atribúese a época medieval. Describe o lugar onde estivera o Castelo da Rocha Branca, coma unha fortaleza artellada en torno a un recinto circular delimitado por una muralla pétrea e circundada por un foxo. Ao norte deste recinto existen outras estruturas, posiblemente habitacionais, aínda que a súa configuración orixinal está parcialmente alterada. Fai tamén constar que a súa proximidade a Iria Flavia incrementa o interese patrimonial do xacemento.
O Castelo da Rocha Branca foi destruído durante a II Guerra Irmandiña, asi como outras fortalezas, arredor dos primeiros anos do derradeiro cuarto do século XV, sendo rei de Galicia, León e Castela, D. Henrique IV de Trastámara, coñecido na historia como o Impotente
A fortaleza fora residencia do Arcebispo de Santiago Don Lope de Mendoza entre 1400 e 1445, quen encargou restaurala e decorar profusamente a súa vivenda para destacar o seu rango social. Entre os elementos que chegaron ata a actualidade foron anacos de azulexos, traídos dende Manises, e de pavimentos e zócalos da vivenda do arcebispo. Tamén foi residencia do que fora arcebispo de Compostela Rodrigo de Luna, entre os anos 1451-1460, na que morrería, en circunstancias nunca explicadas, supostamete envelenado.
No preito Tabera- Fonseca aparece mencionada coma unha das fortalezas totalmente derrocadas, xunto coas da Rocha as Torres do Oeste, a fortaleza de Melide e outros pazos arcebispais de Santiago .
O preito comezara en 1525 e fora unha arbitraxe que tivo lugar entre o arcebispo de Alonso III de Fonseca e o seu sucesor no cargo Juán Tabera, como indemnización polos danos sufridos nos castelos e casas pertencentes á mitra compostelá durante os gobernos de Alonso II de Fonseca, a causa das loitas cos seus inimigos señoriais nas revoltas irmandiñas. Tabera preiteaba contra ámbolos dous Fonseca por non arranxar ditas fortalezas, coma fixeran outros señores da nobreza.

Na pregunta 15ª do interrogatorio presentado polo Procuradordo do Arcebispo de Santiago, podemos ler. ..” Si saven que la dicha Rocha Blanca de par de la villa de Padrón antes y al tienpo quel dicho señor Patriarca ubo el dicho arçobispado de Santiago e despues mucho tiempo estubo llebantada en pie y era casa fuerte y de plazer y la mas hermosa e deleitosa que abia en todo el Reino e que tal bino a su poder y la tubo mucho tiempo e que abía en ella una bara de casa muy alta e muy fremosa con sus sobrados y rico aposiento, tellada, almenada y engalanada con sus casas y barbacanas alderredor y muchas torres, cubos y baluartes y garatas en la çerca todas almenadas y enguirnaladas y labradas de piedra de grano y con sus puertas y conpuertas y ponte lebadizas y dentro y de fuera de la dicha casa abía muchos hedifiçios y aposiento y serbiçio altos y baxos, ricos y fermosos dorados y pintados y ladrillados todo el suelo de azulejos y con sus huertos, naranjales, bosque, fuentes y estanques y otras cosa para deleite y fortaleza y muniçión de la dicha casa e si saben que la dicha casa hera muy importante al estado de la dicha Sancta Iglesia para defender sus basallos de los henemigos de la iglesia que biben en la dicha comarca usurpadores de los vienes della para asegurar los caminos deredor de la dicha Rocha fuerte y para efetos. Digan e declaren lo que cerca dello saben a que hedifiçios e muniçión y cosas solia aber en la dicha casa y si saven e creenque no se tornarían hazer otra talpor diez quentos demarabedis”.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA 15065002
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Rodríguez González Ángel . Las fortalezas de la mitra compostelana y los “Irmandiños”: Pleito Tabera-Fonseca. Ed. Fundación “Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa”, 1984

López Carreira, Anselmo . Os Irmadiños-Textos, documentos e Bibliografía. Historia de Galicia- 6. Edicións A Nosa Terra 1992. ISBN : 84-604-1173-7
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PADRON/documents/0304CA001.PDF
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0120A-0505.pdf
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PADRON/documents/0304NO004.pdf
Pax 3


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7451763843
Lonxitude: -8.65092873573
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84