Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Portomarín
Parroquia: Castromaior
Lugar: Castromaior
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Xusto sobre o camiño francés de Santiago, este sitio arqueolóxico domina un amplísimo territorio das comarcas de todo o val medio do río Miño. O seu sistema defensivo de murallas e foxos chamou sempre a atención e apréciase claramente nas fotografías aéreas. Esta visión panorámica complétase agora coas excavacións que dende hai algúns anos se realizan no Castromaior.

Os traballos arqueolóxicos permitiron poñer á vista varias construcións de muros rectos e traza xeralmente regular, agrupadas en núcleos ou barrios, así como unha monumental entrada fortificada polo lado leste. Trátase dun asentamento ocupado principalmente, e polo menos, entre os séculos II antes de Cristo e o século I despois de Cristo.

Fonte:Castros Lucenses: Investigación e posta en valor.

Atópase moi perto do Camiño de Santiago, a media etapa entre Portomarín e Palas de Rei. O pequeno pobo de Castromaior ten un bar no mesmo camiño que dispón dunha excelente fotografía aérea no momento en que o castro foi limpado e tamén dan indicacións precisas de como chegar ata él. Non hai ningunha indicación, pero dado o elevado nivel de pintadas e falta de respeto actualmente no Camiño… case mellor que a xente non saiba moita da existencia de este castro.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.83346108907917
Lonxitude: -7.719697952270508
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84