Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Esgos
Parroquia: Os Pensos (San Pedro)
Lugar: Muíño Vello
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Edificio de planta rectangular 7x4m en cachotería de lousa combinados con perpiaños de granito, a cuberta a tres augas, anteriormente en tella do pais, agora en frigocemento.
Polo lado de poñente ten a porta de entrada alintelada, protexida baixo cuberta que se apoia sobre columnas de pedra tendo muros de cachotería polos laterais.
Está formado pola planta baixa ou inferno onde está o rodicio e unha primeira planta, onde se facía a moenda, e que estaba composta por dúas moas.
Chegaría a el a canle pola que viría a auga gañando altura dende unha pequena presa, no último tramo esta canle esta elevada, asemellándose a un viaduto, elevando os perpiaños que teñen labrado a canaleta, por medio de columnas feitas con pedras superpostas. A auga caería polo cubo de sección cadrada feito en perpiaño.
Polo sur ten na parte baixa as bocas do inferno, por onde saia a auga despois do mover o rodicio, e saia en caída cara o regueiro. Na parte alta ten unha fiestra cadrada, pola que entraría a luz natural para iluminar o interior.

A meirande parte dos muíños de esta zona da caída de Cabeza de Meda son da modalidade de canle, característico por por ter que administrar un pequeno caudal de auga, que procedente da pequena gavada, condúcese rapidamente cara o rodicio a través da canle para bater contra o primeiro de forma tanxencial, despois de precipitarse polo cubo a modo de funil.
Actualmente non está operativo, pois estragouse o rodicio, podrecendo a madeira.
Situado no Regueiro de Covas de Andón, do que aproveitaría a auga, preto de onde se une co da Virxe do Monte, a escasos cento cincuenta metros da igrexa parroquial de San Pedro dos Pensos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3490058113
Lonxitude: -7.65976667404
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84