Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Poio
Parroquia: Combarro (San Roque)
Lugar: rúa A Rúa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Antigamente estaba situado na intersección das dúas rúas pero foi desprazado en época recente cara ao muro para permitir o tránsito de vehículos. Consta dunha plataforma formada por un único chanzo que salva o desnivel da costa da Rúa. Baseamento con arestas rebaixadas. O varal é oitavado con retablo na parte inferior aínda que sen imaxinería, na parte media temos un santiño. O varal amosa dúas fracturas na parte superior con visos de seres restauradas. O capacete ten volutas angulares con querubíns na parte central non sendo no anverso no que podemos ver unha imaxe vestida con túnica. A cruz ten arestas acanaladas e remates en flor. No anverso vemos a figura de Cristo crucificado en no reverso a imaxe da Virxe do Socorro cunha perdida de volume na parte inferior da túnica.

O cruceiro vai acompañado dun pousadoiro formado por taboleiro sostido por dúas cepas.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Vallejo Pousada, Rafael. “Guía del Conjunto Histórico de Combarro” Poio: A Solaina, 2013. ISBN: 978-84-616-3203-9

“Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico.” BOE de 30 de marzo de 1963. nº 77. Páxina 5363. Dispoñible: https://www.boe.es/boe/dias/1963/03/30/pdfs/A05363-05363.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Amosa fracturas e perdidas de volumen pero xa foron restauradas. A desplazamento ao seu actual emprazamento non permite a contemplación da figura da imaxe da Virxe do Socorro.


Onde está localizado

Latitude: 42.4325210681
Lonxitude: -8.70487064123
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84