Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Poio
Parroquia: Combarro (San Roque)
Lugar: Praza da Fonte
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Antigamente o cruceiro estaba situado no centro da mesma praza onde se atopa actualmente. Foi desprezado cara unha beira por mor da instalación dunha fonte.

O cruceiro está acaroado a unha vivenda veciña e conta cunha plataforma dun único chanzo de arestas vivas. Sobre o mesmo chanzo atopase tamén un pousadoiro formado por un taboleiro rectangular amoldurado sobre dúas cepas. O baseamento do cruceiro é cúbico e sobre el erguese un varal oitavado con retablo na base. En cada cara do retablo represéntanse os instrumentos da paixón de Cristo.

Na altura media do varal aparece un santiño sobre unha peaña que viste túnica e mesmo semella calzar botas. Luce larga e ondulada cabeleira pero sen barba. A súa man dereita está ergueita e pechada non sendo os dedos medio e índice que sinalan o ceo. A súa man esquerda suxeita un meniño espido. As súas costas podemos ver unha serpe. Baixo o santiño podemos ler claramente e trazos ben definidos e rectilíneos o seguinte epígrafe:

A
DOM
DE RE
NDA
AÑO
1727

O capitel e cilíndrico e robusto. Amosa volutas angulares con querubíns na parte media non sendo no anverso do cruceiro, que vemos unha caveira sobre dúas tibias definidas de forma xeométrica; e no lateral esquerdo, onde tamén podemos ver a imaxe dun santiño.

A cruz é de sección rectangular cun pequeno cristo no anverso e a Virxe da Quinta Angustia no reverso. A virxe non é visible por estar esta acaroada á vivenda.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Gil Cañellas, Juan. “Las Bellezas de Galicia” Oviedo, 1926. Serie 46 Pontevedra: Combarro. nº 7 e 9.

Vallejo Pousada, Rafael. “Guía del Conjunto Histórico de Combarro” Poio: A Solaina, 2013. ISBN: 978-84-616-3203-9

“Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico.” BOE de 30 de marzo de 1963. nº 77. Páxina 5363. Dispoñible: https://www.boe.es/boe/dias/1963/03/30/pdfs/A05363-05363.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4337607219
Lonxitude: -8.70561763644
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84