Outra fotografía:
Tipo de ben: Vila romana,
Concello: Baixa Limia (comarca) / Lobios
Parroquia: Lobios
Lugar:
Outra denominación do ben: Aquis Ogeresibus // Aquis Ocerensis
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:
A vila ubícase en pleno Parque do Xurés, Reserva de Biosfera, a escasos metros do curso fluvial do Río Caldo. O lugar probablemente foi elexido por que xusto alí emanaban augas termais. Estas augas foron aproveitadas para crear uns baños e uns sistemas de calefacción que disfrutaban os habitantes da mansión. É probable que date do Alto Imperio pero con posibles reformacións no Baixo Imperio. Hoxe é posible observar a presenza das canalizacións de auga quente de debaixo da casa, así como un forno e diversas estancias distribuídas ó longo da mansión.
No lugar se atoparon diversas pezas, como moedas e outros obxectos de ouro e mármore. Estes achádegos descansan no Museo Arqueolóxico de Ourense.
No 2008 producíronse diversos achádegos de tellas en fincas cercanas que faría máis grande ó recinto e que podería chegar ata case o moderno balneario que se atopa xusto ó lado dos baños públicos do Río Caldo.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA32042011
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
A Xunta de Galicia levOU a cabo unha serie de traballos arqueolóxicos e de conservación neste xacemento. Nas excavacion se atopou a “mutatio” ou pousada romana.
Tamén se levou a cabo o cambio de nome deste xacemento respectando a toponimia (ver referencias bibliográficas)
Referencias bibliográficas:
TRABALLO ARQUEOLÓXICOS ANO 2021
https://www.laregion.es/articulo/baixa-limia/excavaciones-regresan-yacimiento-romano-lobios/202107182054031047336.html
https://www.laregion.es/articulo/baixa-limia/nuevos-hallazgos-multiplican-legado-romano-xures/202110082244181070411.html
https://www.laregion.es/articulo/baixa-limia/aquis-ogeresibus-nueva-mansion-romana-lobios/202110282215171076523.html
http://culturagalega.gal/noticia.php?id=33093
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.856396932159Lonxitude: -8.1072449684143
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
4 comentarios
adela suma says:
Set 28, 2011
O PXOM de Lobios (2001), no seu catálogo, recolle a Vía XVIII o Vía Nova (Código GA32042013);
a correspondente ficha define o Tramo II A Ponte Nova – Vilamea e localiza nel a
“Mansión de Equis Originis” relacionada coa existencia de augas termais:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LOBIOS/documents/0447CA010.pdf
polo tanto, interpreto que o ben queda integrado nesta delimitación
e protexido pola figura normativa.
adela suma says:
Set 29, 2011
Ao final, este xacemento ten código de seu: trátase
do xacemento de Os Cobelos (GA32042011):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LOBIOS/documents/0447CA009.pdf
Oscar Franco says:
Ago 17, 2016
A prensa escrita do 12 de agosto de 2016 recolle o mal estado deste ben:
http://www.laregion.es/articulo/baixa-limia/grietas-amenazan-mansion-romana-lobios/20160812082750641181.html
Oscar Franco says:
Dec 7, 2017
A prensa escrita do 5 de decembro de 2017 recolle a nova da restauración da sala termal deste conjunto:
http://www.laregion.es/articulo/baixa-limia/arqueologos-recuperan-sala-termal-aquis-originis/20171205105109752682.html