Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Poio
Parroquia: Combarro (San Roque)
Lugar: Rúa da Fonte
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Asoballado nunha esquina da rúa da fonte. Consta dunha plataforma de tres chanzos. Os muros da propiedade veciña pasan e ocupan parcialmente por enriba da plataforma. O baseamento é baixo e con arestas rebaixadas.

O varal amosa unha superficie moi erosionada. Conta cun retablo na parte inferior no que non se aprecian detalles. Ao longo do varal vemos unha sucesións de nos superpostos de catro en catro. Na parte media do varal, no que sería o anverso, mirando cara o muro, vemos un santiño que viste mitra e báculo.

O capitel tamén está moi erosionado cunha forte perdida de detalle. Pódense apreciar o pequenos astrágalos e unhas diminutas volutas angulares cos seus correspondentes querubíns na parte media, non sendo no anverso no que aínda se aprecia unha caveira sobre tibias.

A cruz parece ter nós e remates en flor. No anverso, e mirando ao muro, temos un cristo crucificado baixo cartela de INRI. E no reverso, mirando a rúa, a Virxe do Socorro.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Vallejo Pousada, Rafael. “Guía del Conjunto Histórico de Combarro” Poio: A Solaina, 2013. ISBN: 978-84-616-3203-9

“Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico.” BOE de 30 de marzo de 1963. nº 77. Páxina 5363. Dispoñible: https://www.boe.es/boe/dias/1963/03/30/pdfs/A05363-05363.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

O conxunto conserva a estabilidade estrutural, pero amosa unha superficie moi erosionada con perda de detalle nas labras o que dificulta a lectura das imaxes.

A construción dos muros da propiedade veciña enriba dos chanzos da plataforma tamén dificulta a contemplación e lectura do conxunto.


Onde está localizado

Latitude: 42.4338785094
Lonxitude: -8.70518177748
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84