Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo, Eira,
Concello: Poio
Parroquia: Combarro (San Roque)
Lugar: Rúa da Fonte
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Eira de superficie trapezoidal construída con perpiaño de granito e delimitada por tres beiras por un peitoril baixo. A eira conta cunha superficie duns 65 m. cunha lonxitude de 9 m. por 8 m. de longo. Pola beira oeste, a eira está limitado pola canle de desembocadura do regato chamado Río Pequeno.

A palleira érguese sobre tres pares de esteos oitavados dos cales só tres teñen pé (ancheamento na parte baixa). Os tornarratos son de tipo cogumelo. Ten robustas e altas padieiras sobre as que se erguen os muros da cámara. A palleira está feita en granito, non sendo os pasaventos dos costais, que son doelas cunha faixa exterior na parte media en carpintería de madeira tinguida de vermello. A porta situase no costal de sombra e accédese a ela mediante unha escaleira de man que non está presente. As paredes testeiras tamén están feitas en pedra pero con cinco bufardas verticais. Os muros da cámara rematan nunha cornixa amoldurada en caveto ao longo das catro paredes. Nas paredes costais, a cornixa recolle os extremos do aleiro da cuberta a dúas augas con tella do país. Nas paredes testeiras, a moldura sirve de base para o pinche cunha única bufarda horizontal. Sobre os pinche, penais de lousa rematados nunha cruz sobre un baseamento cúbico.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4340527159
Lonxitude: -8.70503023267
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84