Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Vilamarín
Parroquia: Reádegos (San Vicente)
Lugar: Outeiro de Santa Águeda
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Santa Águeda quizá, o máis coñecido dos castros da comarca; situado na parroquia de San Vicente de Reádegos no alto dun outeiro a unha altitude de 682 m , entre os ríos Miño e Barbantiño, que fai de divisoria entre os concellos de Vilamarín, Coles e A Peroxa, pero a maior parte do castro está en terras de Vilamarín.
Aínda se poden ver os restos da muralla que o arrodeaba, chegando ós cinco metros de altura, un terraplén no que na súa base corre un enorme foxo de ata nove metros de fondo. Este foso na banda do oeste alónxase do terraplén hasta formar unha especie de forma de antecastro de 28 m. de ancho, na parte sur e leste xa non se aprecia.
No interior conserva restos dunha antiga ermida posta baixo a advocación de Santa Ádega, que deu nome o castro, o que demostra a existencia dun culto pagán que se cristianizou.
Ten unhas medidas no recinto central de norte a sur: 78 m. de leste a oeste: 75 m. O monte tamén ten defensas naturais, como un acusado desnivel.

López Cuevillas e Taboada Chivite realizaron escavacións neste castro, pero foi no ano 63 do século XX cando se realizou a máis completa, así como Xosé Carlos Sierra Rodríguez no 83.
No castro de Santa Ádega, López Cuevillas deu a coñecer o achado dunha urna cerámica con cinsas e unha punta de lanza de bronce.
A capela foi descuberta por Ferro Couselo e Laureano Prieto, esta non se conserva, só quedan os cimentos con unhas medidas: 5,70m. de largo y 4,25 m. de ancho, cando realizaban unhas catas para un estudo máis amplo do citado castro, de feito non parecen darlle demasiada importancia a capela, posto que o seu obxectivo era a prospección do castro.
Realizáronse 9 catas, todas elas dentro dos tres recintos do castro, só unha fóra do segundo recinto. Nelas foron descubertos varios restos, destacando:
A planta da antiga capela dedicada á santa que dá nome ó lugar.
Restos dunha posible edificación non definida, e obsérvanse estruturas en dous niveis superpostos. A estrutura presenta un sistema de construción complexo con paredes diverxentes; formando catro estancias, das que só se limpou unha, onde existía un fogar.
Tamén apareceron dous amarres de gando, un machado pulido parecido ós machados neolíticos e dous pulidores. Tamén un colar de pasta vítrea. E paredes decoradas con sucos incisos formando bandas.
Froito de estas escavacións hai unha pequena colección de Terra Sigillata Hispánica, que non aparece referida no caderno de campo dos escavadores, e descoñecemos a cata e nivel a que pertencen.
Actualmente, a espesa vexetación dificulta a circulación por algún dos recintos do castro e non se distingue ningunha das estruturas nomeadas por Ferro Couselo, o que si se aprecia son murallas asentadas sobre o remate do terraplén, no que se observa unha forte pendente nas dúas caras.

O museo arqueolóxico de Ourense conserva o Guerreiro de Santa Ádega: Torso en granito dun home mutilado e moi erosionado, dificulta precisar os detalles; leva un cinto con baquetóns lisos e paralelos; un leve avultamento na parte central fai pensar que levara un escudo tipo caetra; si se aprecia unha ancha banda cruzando o peito dende o ombro esquerdo ata o cinto polo lado dereito que continúa polas costas.

Respecto as historias que se contan da capela, a máis coñecida e aquela que di que duas parroquias que se disputaban a imaxe da santa, entonces fíxose unha especie de aposta e a vencedora levábaa para a súa parroquia, pero o día seguinte desaparecía e volvía ó seu lugar orixinal, a capela do monte, así sucedeu varias veces, ata que os veciños que se crían posuidores da imaxe, decidiron destruír a capela do monte, de tal forma que a santa así, o non ter a súa capela, non lle quedaba máis remedio que quedarse na nova casa.

Numerosas historias sobre ese lugar, ó que se lle dedican lendas, como que nel habitaban os mouros. Segundo a lenda, os mouros agocharon no castro un tesouro.
Os mouros que viven alí téñeno minado por dentro, así que está oco ou choco, e nas minas gardan os mouros moito ouro.

Accédese a el por unha pista que arranca a dereita da estrada Ourense-Lugo a 3 km del cruce de Cambeo, e que pasa ó carón da actual capela románica de Santa Águeda.
Actualmente celebrase o 5 de Febreiro a romaría de Santa Águeda, así chamada porque se celebra nese monte.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA32087004
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Respecto as historias que se contan da capela, a máis coñecida e aquela que di que dúas parroquias que se disputaban a imaxe da santa, entonces fíxose unha especie de aposta e a vencedora levábaa para a súa parroquia, pero o día seguinte desaparecía e volvía ó seu lugar orixinal, a capela do monte, así sucedeu varias veces, ata que os veciños que se crían posuidores da imaxe, decidiron destruír a capela do monte, de tal forma que a santa así, o non ter a súa capela, non lle quedaba máis remedio que quedarse na nova casa. Numerosas historias a cerca de ese lugar, ó que se lle dedican lendas, como que nel habitaban os mouros. Segundo a lenda, os mouros agocharon no castro un tesouro. Os mouros que viven alí téñeno minado por dentro, así que está oco ou choco, e nas minas gardan os mouros moito ouro. Unha vez pasou un vello cunha xugada de bois polas proximidades do castro e os mouros ofrecéronlle e acabaron mercándolle os bois. Cando llelos ía entregar aos mouros e xa entraba debaixo da terra con eles, un mouro vello, facendo que cheiraba todo arredor, dixo: ―Huele a carne de cristianillo! O vello pasou un bo susto pero facer, non lle fixeron nada. Tamén se di que entre o castro de Santa Águeda e o castro da Madalena hai unha trabe de ouro que só se ha descubrir por unha roda dun carro ou a pata dunha cabra. Mais é perigoso intentar destapala pois hai unha trabe de lume e outra de alcatrán que poden rebentar.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castros-de-galiza-ii.html

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VILAMARIN/documents/0507CA013.pdf (P.1-3)

http://www.galiciaencantada.com/dentro.asp?c=19&id=1440&n=castro_de_santa_ádega_de_reádegos


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4437279375
Lonxitude: -7.85900115967
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84