Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: A Pobra do Caramiñal / Barbanza (comarca)
Parroquia: San Antonio do Xobre
Lugar: Carolo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval, Época Baixomedieval,
Descrición:

Consiste nunha mota terreira de pequenas dimensións que mide na súa croa uns 35 metros (N-S) por 29 (W-E). A única defensa apreciable na actualidade é un poderoso terraplén máis vencido polo lado oeste e cunha altura considerable (entre 5 e 6 metros) polos outros lados, nos que se atopa rodeado dunha vexetación pantanosa e do pequeno río que o rodea. Nalgún momento habilitouse un acceso, unha rampa para poder penetrar na croa, que ten visos de ter sido labrada. Debido á densa maleza non foi posible localizar material en superficie. As terras de labranza fan pensar nunha posible colmatación dun foxo pola banda leste, na que aínda se pode apreciar un moi lixeiro desnivel entre o agro e o terraplén, no que se acumula unha vexetación máis densa. Non hai dúbida de que se trata dunha fortificación, e as súas pequenas medidas e algúns detalles, como a ausencia de visibilidade sobre o contorno, fan oscilar máis a balanza cara o lado de mota medieval ca para un castro.

A existencia dun pequeno complexo de tres muíños aos pés da fortificación fan pensar que estes puideron detraer pedra do monte.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5929477349
Lonxitude: -8.9553168717
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84