Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: -- / Allaríz / Xunqueira de Ambía
Parroquia: A Graña (Santiago)
Lugar: Cerdeira
Outra denominación do ben: Outeiro do Castro
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro está no límite dos termos municipais de Xunqueira de Ambía e Allariz, nun outeiro dende o que se domina unha ampla e bela panorámica. Sitúase nunha cota de 754 metros de altura nun contorno de monte baixo (xestas, toxos, fentos…) e labrado. Trátase dun castro ovalado que posúe un cumio pedregoso e puntiagudo dende o que é posible distinguir un recinto murado de pedra que mide 150 m no seu eixo N-S. Ao W obsérvase unha plataforma cun largo máximo de 50 m e cara o S outra de 20 m de largo. Síguea unha nova terraza de 8 m de largo que enlaza coa plataforma do W.
Asemade na ladeira do castro, Rivas Quintas (1985,p. 91-102) sinala a existencia dun total de nove grupos de petroglifos, dos cales os técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio unicamente só atoparon un, o nº 6, así como 4 cruces gravadas, distribuídas pola ladeira.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA32036003
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

MARQUINA Y ÁLVAREZ, E. (1907): Documentos históricos. LXXIV. Carta de donación otorgada por el rey D. Fernando II al Concejo de Allariz, el año 1186. BCMO, Tomo III, nº 58. pp. 174-176.
RIVAS QUINTAS, E. (1985): A Limia. Diputación provincial de Ourense. Ourense.
(1994-1995): Influxos precristians na arte. Porta da Aira, 6. Ourense. pp. 207-227
(2011): Anotacións a historia e arte en Xunqueira de Ambía. Porta da Aira, 13. Ourense. pp. 47-86.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1798605638
Lonxitude: -7.7535367012
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84