Outra fotografía:

Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Celanova / Terra de Celanova (comarca)
Parroquia: Celanova
Lugar:
Outra denominación do ben: Mosteiro de San Salvador
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

Fundado por San Rosendo (bispo de San Martín de Mondoñedo) no século X,

Esta igrexa é unha obra barroca de finais do século XVII. Con planta de cruz latina, de tres naves de tres tramos cada unha, e nave transversal coa que forma cruceiro, torre das campás, claustro barroco e claustro neoclásico. As bóvedas son de casetóns e liñas xeométricas, e a cúpula de volutas. O altar maior está decorado por un inmenso retablo do ano 1697.

O claustro, aínda que comezado no 1550, non se rematou ata o s. XVIII, sendo polos seus armoniosos releves e o xogo de liñas, un dos máis fermosos da contorna.

Detrás da igrexa atópase a capela de San Miguel, unha das primeiras construccións do mosteiro (937), e un dos poucos edificios mozárabes conservados en perfectas condicións.

Este ex-mosteiro benedictino foi declarado Monumento Nacional no ano 1931, e premio Europa Nostra no 1984.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.152093855325255
Lonxitude: -7.957749366760254
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84