Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Allaríz / Taboadela
Parroquia: Soutomaior
Lugar: San Fiz
Outra denominación do ben: Castro de Folgoso
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Castro, actualmente cuberto de monte baixo, no que a croa aparece delimitada por un recinto murado. No seu cumio atópanse grandes penedos con numerosas pías, algunha delas comunicada cunha canle perforada na rocha que desemboca nun desaugadoiro.
Na súa cota máxima ubícase un vértice xeodésico, o que constitúe a principal causa de deterioro. Arredor da croa obsérvase un segundo recinto, que forma un anel arredor do máis elevado, que fica interrompido nunha pequena plataforma que se pecha contra a primeira área murada, lugar onde se puido ubicar a entrada. Ao sur existe outra plataforma que se pecha sobre o segundo recinto fortificado, constituíndo unha nova terraza.
O Castro de Boa Nai está situado no límite dos concellos de Allariz e Taboadela.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA32001004
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
MARQUINA Y ÁLVAREZ, E. (1907): Documentos históricos. LXXIV. Carta de donación otorgada por el rey D. Fernando II al Concejo de Allariz, el año 1186. BCMO, Tomo III, nº 58. pp. 174-176.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2215147884Lonxitude: -7.82153606415
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
franjopadin says:
Xuñ 26, 2014
A ficha do castro de Boa Nai no PXOM de Taboadela pódese consultar aquí:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TABOADELA/documents/26629CA019.pdf
Xabier Moure says:
Xuñ 27, 2014
Creo que o topónimo “Boa Nai” non é o axeitado, polo que se debe de manter “Madre”, latín “mater”, e que debemos relacionar coas tres Matres Gallaiciae célticas, xa que, no presente caso, pouco ten que ver do que unha muller é para os seus fillos, ou a femia dun animal para as súas crías. Esta “madre” galega é unha deusa trinitaria, baixo cuxa protección se colocaban os nosos antepasados, designándoas co nome do terreo que ocupaba cada tribo, trinidade divinal que dende a antigüidade está presente no panteón galego. En Coruña del Conde, provincia de Burgos, territorio da antiga Gallaecia, atopouse un epígrafe de hai dous mil anos que Murguía leu do seguinte xeito: “T. Fraternus-Matribus-Gallaicis-v. s. l. m.”, cuxa tradución pode ser: “Tito Fraterno pagou do boa vontade o seu voto as Madres Galegas”. Deidades que eran avogosas da fertilidade e da prosperidade, atinxindo as virtudes sandadoras doutras divindades acuáticas e que estaban vencelladas aos mananciais mineiro-medicinais. O topónimo “madre” é en Galicia máis habitual do que cremos. Por citar un exemplo, na parroquia de Noceda, concello de Cervantes, está Madre de Auga onde hai unhas covas de onde se extraía o ferro, vencelladas, segundo a tradición, a antigos rituais relacionados coa fertilidade das mulleres e tamén dos campos.