Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Cervantes
Parroquia: Dorna (Santa María)
Lugar: A Pena do Santo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O monte da Pena do Santo, a 1.403 metros de altitude, atópase na Serra da Fiosa. Toma o nome dunha pena sacralizada que foi destruída pola colocación dun vértice xeodésico o 1 de agosto de 1980. En tempos, os veciños das aldeas da parroquia de Dorna, cando querían solicitar protección para eles mesmos, as colleitas ou os animais, trasladaban a imaxe dun santo (ignórase de cal) dende a hoxe en día arruinada igrexa mosteiral de Dorna, que a lenda atribúe aos cabaleiros de Temple (a documentación medieval fala de que pertenceu ao mosteiro de Carracedo do Bierzo), ata o monte. Unha vez no lugar, colocaban o santo sobre a pena e a xente poñíase en círculo ao seu redor para solicitar o favor. Rematado o ritual, volvían baixar a imaxe para o templo. Uns veciños da semiabandonada aldea de O Chao contáronnos que no sitio había varias cruces gravadas sobre as pedras de xisto e lousa, ademais da imaxe tosca dun “santo”. Nós localizamos unha pedra con dúas cruces gravadas, tirada xunto a base do vértice, de feitura relativamente moderna.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:

A pedra coas cruces gravadas, tirada xunto as outras procedentes da destrución da pena cando contruíron o vértice xeodésico, fincámola no chan nas proximidades. O antigo camiño que sobe cara a Pena do Santo foi destruído por un cortalumes.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://arqueoloxiadosancares.blogspot.com.es/2011/01/presentacion_23.html

http://arqueoancares.blogspot.com.es/2011/01/limiar.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8422535275
Lonxitude: -6.95086956024
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84