Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Baixa Limia (comarca) / Bande
Parroquia: Bande (San Pedro)
Lugar: Bande
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A igrexa de San Pedro de Bande, do ano 1795. O seu exterior é de robusta e desnuda arquitectura, ofrecendo unha gran sobriedade, o que lle da un aire de fortaleza, o que se ve reforzado coa construcción da casa rectoral.
A nave distribúese en cinco tramos, cuberta con bóveda de canon e arcos faxóns, apoiados sobre pilastras. Presenta cruceiro destacado en planta, con bóveda de crucería no transepto, e de canon nos brazos, igual que a capela maior.
Foi priorado dependente do Mosterio de Celanova, como pode verse no escudo da actual Reitoral, anexa á igrexa.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Servindo de pórtico á igrexa e á casa rectoral, encóntranse os carballos, os cales, segundo conta a tradición popular, indican o tempo de sembrar as patacas (carballo do medio), o millo (carballo norte) e as fabas (carballo sur).
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/OURPA002.pdf
http://www.portasxures.es/gl/node/262
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.0300656006Lonxitude: -7.97603130341
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
adela suma says:
Set 29, 2011
Coma información adicional, engadir o enlace ao inventario das Normas Subsidiarias e
Complementarias de Planeamento provinciais (xa que Bande ten unhas N.S.P.(1987)
sen catálogo de seu):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/OURPA002.pdf