Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Barcala (comarca) / Negreira
Parroquia: Broño (San Martiño)
Lugar: San Martiño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro con plataforma de tres chanzos cuadrangulares e que carece de base para o varal. Este é de sección octogonal e remata en capitel con forma de tronco de pirámide invertida con figuras talladas nas súas caras que están moi erosionadas polo paso do tempo. A cruz e as figuras de cristo e a virxe amosan tallas de estilo de labra popular. O aplanamento e a desproporción, así como a falta de detalles anatómicos, fanse patentes no cristo que está crucificado, de expresión case naif, e no que leva a figura da virxe no seu regazo. Tamén se manifesta unha distinta medida nos brazos da cruz. Leva unha sinxela mesa de pedra ao seu carón polo lado que se pode ver á virxe.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/NEGREIRA/documents/0245CA004.pdf (pax. 7 do pdf)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9278890859
Lonxitude: -8.77944409847
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84