Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Os Blancos
Parroquia: Covas (Santiago)
Lugar: Covas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

No coñecido como Penedo da Raíña Loba, a uns 1.150 metros de altitude sobre o nivel do mar. Restos dun castelo roqueiro situado nun monte granítico datado entre os séculos XIII ou XIV. Nunha rocha hai gravado un taboleiro de xogos de “Alquerque de nove”. Apareceron algúns muíños circulares de man e restos cerámicos. Pódese ver un pozo escavado na rocha que, segundo nos contou un veciño, acolle uns 5.000 litros de auga. Dise que as pedras da fortaleza foron reaproveitadas na construción das casas da aldea. Asociado a unha lenda.
A menos dun quilómetro en liña recta hai outro monte granítico coñecido como O Castelo Vello (2ª foto) onde, ao parecer, se conservan algúns restos do que sería un castelo roqueiro. Como no caso do castelo da Raíña Loba, as súas pedras foron reutilizadas nas casas da aldea.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:

Segundo nos contou un veciño natural de Covas, na actualidade residente en Xinzo de Limia, o alcume de Raíña Loba púxollo a xente merecidamente, xa que a raíña era cruel, mala, os veciños tíñanlle moito medo. Apenas podían dispoñer do que con tanta suor lles proporcionaba a terra, obrigándoos a levarlle todos os días un xato, unha ovella e un porco. Quen se negaba a entregarlle o tributo era asasinado, ademais de lle queimar a casa e as colleitas. Mais eran tantos os abusos que un bo día, fartos, xuntáronse os veciños de Pexeirós e acordaron rematar con aquelas tropelías e unha noite asaltaron o castelo, matando aos seus moradores que estaban a durmir. Non se sabe moi ben como morreu a muller, uns din que foi morta polo ferro, outros que, ao vérense acurralada, suicidouse, lanzándose dende o alto da torre. Daquel suceso quedou unha copla: Fidalgos de Pexeirós/matastes á Raíña Loba/Fidalgos quedastes vós”.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Castelos de Galicia en http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castelos-de-galiza.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9511029128
Lonxitude: -7.76741981506
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84