Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Ferrol
Parroquia: San Salvador de Serantes
Lugar: Serantellos
Outra denominación do ben: Ermida da Virxe do Nordés
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Situada na pendente sur do monte do Chamorro, non se coñece con exactitude a data de construción da ermida, aínda que si se pode asegurar que veu cristianizar un lugar onde se celebraban cultos cristiáns. A única data fiable en canto á súa edificación é a referente ao adro e o engadido sobre as rochas, que segundo aparece sinalado nun perpiaño se fixeron entre os anos 1687 e 1692.
A estrutura arquitectónica da ermida componse dunha planta rectangular que presenta certas irregularidades e na que se inscriben a nave, a ábsida igualmente rectangular, un camarín e una pequena sancristía; perpendicularmente á nave, una pequena edificación acubilla a rocha onde, segundo a lenda, se lle apareceu a Virxe a dous pastores. Devandita edificación e a propia nave enmarcan o pórtico cuberto dende onde se accede ao interior do templo. Aos pés da nave está situado un coro alto, e tras deste, distribuídas en dúas plantas, diversas dependencias onde se gardan os obxectos de culto. A cuberta é a dúas augas no corpo correspondente á nave e catro no da ábsida e sancristía, cunha cubrición de tella curva.
Cara ao interior, a ermida amosa una sobria estrutura aérea, realizada en madeira no corpo correspondente á nave, mentres que o presbiterio se cobre cunha bóveda de crucería de trece claves, que contrarresta os seus empuxes por medio dos contrafortes situados nas esquinas exteriores do edificio. O acceso á ábsida realízase a través dun arco toral lixeiramente apuntado que arranca dun sinxelo baquetón situado case a ras do chan.
Os muros correspondentes á nave e o engadido lateral realizáronse en cantería que, nalgúns espazos, se conxuga con cachotería. Orixinalmente é posible que fose una obra sen trabar, pero na restauración realizada en 1945 algúns dos seus elementos foron tomados con morteiro. Nesa mesma data substituíuse a cuberta por cimbros de formigón armado que posteriormente foron cubertos de madeira.
A devoción popular mantén, dende hai décadas, a celebración dunha tradicional romaría o luns de Pascua.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Destaca a talla da Virxe de Chamorro, que o historiador local Leandro de Saralegui datou no período románico de arredores do século XII.


Tradición oral:

Conta unha lenda, que un día un pescador co bote a punto de afundirse baixo o mar embravecido implorou á Virxe do Nordés pola súa vida, e angustiado exclamou: “Xa morro!”. A Virxe salvouno e dende entón denominouse ao lugar a ermida de Chamorro.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

GRUPO DE ARQUEOLOXÍA DA TERRA DE TRASANCOS; “Aportes sobre vellos cultos no Monte de Chamorro (Ferrol)”, Anuario brigantino, número 19. Betanzos 1996. Páx.119-122.
LAGO VALLADARES, Valentina; “El Santuario de Chamorro”, Follas Novas (A Habana, 1897). Edición facsímile, ano 1, número 27. Páx.1-2.
USERO GONZÁLEZ, Rafael; “¿Milagro de la Virgen de Chamorro? Una página de la vida en el Ferrol dieciochesco”, Estudios Mindonienses, número 15. Ferrol 1999. Páx.797-801.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.5077249969
Lonxitude: -8.24534654617
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84